fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 18 Marzo 2015 08:21

As fadas das camelias

As fadas das camelias

Con motivo do XV Certame da Camelia o Concello de Soutomaior organiza este fin de semana unha sesión de conta contos infantís.

A obra escollida é As fadas das camelias de Enrique Mauricio.

A representación terá lugar no Multiúsos de Arcade o sábado ás 18:00 horas.

As fada das camelias, é a historia protagonizada por unha nena e a súa avoa. Ambas as dúas pasean por un xardín cheo de camelias no cal a avoa lle vai explicando á pequena historias fermosas asociadas a cada tipo de camelia. Así, a neta descobre que hai camelias relacionadas coa música, coa literatura, co amor... e, sobre todo, vai establecendo e apuntalando unha especial relación de confianza e cariño coa súa avoa.

Un xeito diferente, a partir dun álbum ilustrado producido pola Editorial Galaxia, de explicarlle aos nenos que son as camelias e o fermoso universo que con elas ten que ver.

Os textos son de Enrique Mauricio e as ilustracións de Carlos Taboada, dous activistas culturais que forman o colectivo Polo Correo do Vento, especializado en cuentacuentos para os máis pequenos.


Visto 3875 veces