Mércores, 31 Mai 2017 11:19

Colaboración entre as bibliotecas de Redondela, Pazos de Borbén e Soutomaior

Colaboración entre as bibliotecas de Redondela, Pazos de Borbén e Soutomaior

As bibiotecas municipais de Redondela, Soutomaior e Pazos de Borbén ofrecen con regularidade espectáculos de narración oral para os cativos/as, pero tamén outro tipo de propostas dinamizadoras, coas que ademáis de promover as gañas de ler, dan valor a estes centros como lugares para a aprendizaxe, a diversión e o encontro.

A realización destas actividades supón sempre un esforzo por parte destas bibliotecas, na xestión e, tamén no que toca aos orzamentos. Nos últimos anos o financiamento dende a Rede de Bibliotecas de Galicia, a través do programa Ler conta moito, leva axudado a achegar a estes centros a recoñecidos artistas, creadores e animadores do panorama galego.

Fóra das nosas fronteiras, contactar con outros artistas, creadores e comunicadores é máis difícil para bibliotecas de poboacións pequenas. Porén, a iniciativa da Biblioteca Municipal de Pazos de Borbén para coordinar a todos os centros bibliotecarios, dará como resultado a primeira colaboración conxunta para a animación lectora das bibliotecas desta contorna. Así, atravesando de Sur a Norte a Península Ibérica, contarán para a vindeira semana, nestas bibliotecas, cunha excepcional contadora proveniente de Granada: Ruth Galindo.

Ruth Galindo, granadina de nacemento, é Directora da Biblioteca de Híjar (As Gabias, Granada). Dita biblioteca está irmandada con México e Costa Rica e ven de ser galardoada en multitude de ocasións polo Ministerio de Cultura grazas á súa intensa actividade en prol da animación lectora. Doutra banda a nosa contadora tamén é Xerente de “Los niñ@s de las Estrellas”, unha Asociación Cultural na que non faltan animacións como: contacontos, cantacontos, monicreques, cantaxogos e unha infinidade de espectáculos para todos os públicos.

Da inmersión desta traballadora na animación cultural naceron “Los cuentos de Ití”, unha marioneta que conquistará o corazón dos pequenos/as da casa e que, agardamos, terá moito éxito na súa posta en marcha nas bibliotecas da nosa área intermunicipal. “Los cuentos de ITí” de Ruth Galindo foron editados en formato libro no ano 2014, na colección infantil “Caramelo” de “Ediciones Dauro”, ilustrado por Ágata Lech Zobczak.

As datas das súas actuacións serán as seguintes:

  • Martes 6 de xuño, 18:30 h.– Biblioteca Municipal Valle-Inclán de Redondela
  • Mércores 7 de xuño, 13:00 h. – Biblioteca de Pazos de Borbén
  • Mércores 7 de xuño, 18:30 h.– Biblioteca ALM de Chapela
  • Xoves 8 de xuño, 17:00 h.– Biblioteca Municipal de Soutomaior
  • Venres 9 de xuño, 13:00 h.– Auditorio Concello de Pazos de Borbén
  • Sábado 10 de xuño, 20:00 h.– Multiusos de Arcade – Soutomaio

Visto 1181 veces

Biblioteca Municipal

Unha selección de primeiro nivel para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil

Unha selección de primeiro nivel para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil

04-04-2023 / Cultura (Biblioteca Municipal)

Con motivo do día do Libro Infantil e Xuvenil, a Biblioteca Municipal fixo unha selección dos libros galardoados co Premio Andersen de Ilustración, unha distinción que conta cun gran prestixio...

A hora do conto!

14-02-2022 / Cultura (Biblioteca Municipal)

O venres 25 de febreiro volvemos cunha nova sesión do programa "A Hora do Conto" que se realiza na Biblioteca Municipal de 18 a 19.30 h. Dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos.  Inscricións previa en A hora do conto (25 febreiro) - 2022 (gabinetesoutomaior.com)

Club de lectura en Castelán.

26-01-2022 / Cultura (Biblioteca Municipal)

Iniciamos un novo Clube de lectura en Soutomaior, nesta ocasión en castelán. Terá lugar na Biblioteca Municipal  en Arcade os 1º e 3º venres de cada mes en horario de 18.45 a 19.45 h.  Vai dirixido a persoas adultas. As prazas son limitadas e as inscricións realizaranse en liña: Club de Lectura en castelán - 2022 (gabinetesoutomaior.com) Comezaremos con esta actividade o venres...

Entrega de cheque solidario a Cáritas Arcade.

20-01-2022 / Cultura (Biblioteca Municipal)

No mes de decembro o Concello de Soutomaior a través da Biblioteca Municipal organizou o mercado solidario de libros "Un libro, unha ilusión" co fin de recadar fondos destinados ás familias máis desfavorecidas do municipio e contribuír a que estas poidan acceder a recursos necesarios para o seu día a día como alimentos, roupa, etc. Recadáronse 312 euros que se...

A hora do conto!

14-01-2022 / Cultura (Biblioteca Municipal)

Chega á Biblioteca Municipal esta actividade dirixida a nenos e nenas de 4 ata 12 anos na que escoitarán, verán, tocarán, imaxinarán, partillarán…contos! Trátase dunha proposta creativa sobre historias narradas nas que nenos e nenas serán protagonistas… Achegarémoste ao mundo dos contos e da literatura a partir de creacións e narracións elaboradas por Pavís Pavós, contadores de historias cunha longa traxectoria...

Os libros chegan á túa casa!

13-01-2022 / Cultura (Biblioteca Municipal)

Bibliofogar, un servizo de balde co que a Biblioteca Municipal “Luis Seoane” de Soutomaior achega a calquera persoa que viva no termo municipal libros, vídeos, revistas, etc. Se por mor da pandemia non podes acudir fisicamente á Biblioteca, podes chamarnos ou cubrir unha solicitude para que se che recollan os libros, películas ou revistas que te levas en préstamo, e  tamén...


Os libros que che fan imaxinar

La reina en la cueva

12-02-2024 / Os libros da Biblioteca

"Un día, de repente, a Franca no le apetece pintar, ni hacer...

Vémonos mañá

18-12-2023 / Os libros da Biblioteca

"A finais de xuño de 1986 Bibiano sae de México para regresar...

El hombre de la guerra

18-12-2023 / Os libros da Biblioteca

"Urko Pínaga regresa del exilio para asistir al entierro de su tía...

Só ficarán cinzas en algures

08-11-2022 / Os libros da Biblioteca

"Un baleiro perfecto, un asasinato imperfecto... Unha cidade onde nunca pasa nada, catro...

Llévame a casa

25-05-2022 / Os libros da Biblioteca

"Juan ha conseguido independizarse lejos de su país cuando se ve obligado...

Patio de luces

25-05-2022 / Os libros da Biblioteca

"Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro...

Na néboa

26-01-2022 / Os libros da Biblioteca

"Na néboa, publicada por primeira vez en 1901, e unha hábil historia...

Antes de durmir

28-10-2021 / Os libros da Biblioteca

Unha delicada historia que fala da amizade durante a infancia e o...

Virtudes ( e misterios)

20-10-2021 / Os libros da Biblioteca

Premio Nacional de Narrativa 2021. El jurado de dicho premio ha seleccionado...

Las vencedoras

07-07-2021 / Os libros da Biblioteca

A los cuarenta años, Solène lo ha sacrificado todo por su carrera...

El huerto de Emerson

10-06-2021 / Os libros da Biblioteca

«La vida puede ser breve, pero la memoria de lo vivido no...

El silencio de las olas

10-05-2021 / Os libros da Biblioteca

Un sueño recurrente y perturbador. Un misterioso camafeo y una mujer en...