fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 08 Xuño 2017 12:55

Ruth Galindo con “Los cuentos de Ití” na Biblioteca Municipal

Ruth Galindo con “Los cuentos de Ití” na Biblioteca Municipal

Ruth Galindo, granadina de nacemento, é Directora da Biblioteca de Híjar (As Gabias, Selecta). Esta biblioteca foi galardoada en multitude de ocasións polo Ministerio de Cultura, en virtude dos seus proxectos de animación á lectura e escritura.

Esta tarde a partir das 17,00 horas presenta na Biblioteca Municipal do Concello de Soutomaior “Los cuentos de Ití”

Ití é unha fermosa criatura que veu desde un universo afastado. Todos os seres fantásticos da terra chamárona para que nos ensinase aos humanos as marabillas do noso máxico planeta. Descubrirache nos seus contos o seu mundo de ilusión e os fascinantes personaxes que nel habitan. 


Visto 1180 veces