fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 23 Xuño 2017 13:05

Obradoiros de Inglés - Curso-2017-2018

Obradoiros de Inglés - Curso-2017-2018

A Biblioteca municipal do Concello de Soutomaior pon en marcha os “obradoiros de inglés” para o curso 2017-2018.

A reserva e a inscrición fanse na biblioteca de 9 a 14 horas a partir do 3 de xullo e termínase ao completar as prazas que son 10 por grupo.

Esta actividade debido á gran demanda se reserva exclusivamente aos empadroados no Concello de Soutomaior.

Hai un límite de 2 solicitudes por persoa (excepto familias con máis de 2 fillos) e adxudicaranse por estrita orde de chegada.

Os cursos programados son: Infantil (5 anos), 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. Os días e os horarios varían segundo os grupos, pero están programados para os luns, martes e xoves en horario de tarde.


Visto 1432 veces