fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 06 Outubro 2017 14:09

Co seu horario habitual de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h

Apertura da Biblioteca Municipal

Apertura da Biblioteca Municipal

A Biblioteca Municipal Luís Seoane en Arcade abrirá este luns as súas portas novamente tras unha semana de peche motivado pola inundación sufrida o pasado fin de semana. O centro non se abrirá completamente ao público ao continuar os traballos de reparación tras o incidente, pero manterá o seu horario habitual de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

O centro non poderá ofrecer todos os servizos habituais xa que aínda non se repararon todos os danos ocasionados pola inundación, pero tras a inspección dos técnicos municipais, que constataron que non existía ningún perigo, decidiuse reabrir a parte do recinto que non se viu afectada pola auga para poder levar a cabo a maior parte das iniciativas que organiza a biblioteca, como os talleres de idiomas ou as clases de apoio para escolares.

A edil de Cultura de Soutomaior, Dolores Cernadas, expresou a súa satisfacción pola rapidez coa que se están solucionando as cousas e que nos permitirá reabrir a biblioteca case con total normalidade. A biblioteca é un centro fundamental para a cultura do municipio e realiza un labor incrible cos escolares e adultos non só do Concello de Soutomaior, senón de toda a comarca.


Visto 1215 veces