fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 21 Febreiro 2018 12:30

Najla Shami en Concerto

Najla Shami en Concerto

Xoves 22 de febreiro na  Biblioteca Municipal ás 19.00 h

 

 

O Concello de Soutomaior celebra mañá xoves , ás 19.00 horas, un concerto en honra a Rosalía de Castro titulado “Na linguaque eu falo” e que estará protagonizado pola cantante galego-palestina NajlaShami.

A actuación terá lugar na biblioteca municipal.

NajlaShamié unha cantautora e compositora nada en Santiago de Compostela e que foi educada ao amparo de tres culturas: a palestina, a galega e a arxentina. A cantante creceu entre Galicia e Kuwait e estudou música moderna e educación musical en países como Noruega, Estados Unidos, Xordania, Kuwait, India, Inglaterra, Portugal ou España.

No disco “A lingua que eu falo”, Najla Shami profunda na obra de Rosalía de Castro a través dunha selección de dez temas que reúnen sete poemas da autora galega con música orixinal, dúas novas creacións e unha revisión do clásico Negra sombra. Este traballo mostra influencias de distintos estilos musicais como jazz, funk, worldmusice música tradicional e traslada ao espectador ata lugares como África ou Brasil.


Visto 877 veces