Imprimir esta páxina
Mércores, 25 Setembro 2019 13:43

Biblioteca Municipal – Clubs de lectura

Biblioteca Municipal – Clubs de lectura

Club de lectura infantil

 A partir do martes 1 de outubro ábrese a inscrición ao club de lectura infantil. Divídese en dous grupos: Un de 6 a 8 anos e outro para nenos de 9 a 10 anos. O horario será os mércores alternos de 18:00 a 19:00 horas. Os interesados deben de inscribirse na Biblioteca Luís Seoane de Soutomaior na rúa Illas Alvedosas, nº3 de Arcade, a través do teléfono 986 700 291 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Club lectura fácil

 Igualmente o martes 1 de outubro ábrese a inscrición para adultos con dificultades en lingua castelá. O horario serán os martes de 11:00 a 12:00 horas. Para inscribirse poden facelo na Biblioteca Luís Seoane de Soutomaior na rúa Illas Alvedosas, nº3 de Arcade, a través do teléfono 986 700 291 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 


Publicado en Club de Lectura
Visto 251 veces