fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 29 Xuño 2018 10:22

Inicio Actividades de Verán 2018

Inicio Actividades de Verán 2018

O vindeiro luns día 2 inícianse as Actividades de Verán do Concello de Soutomaior que reúne a mais de 350 nenos e nenas desde os 3 aos 15 anos divididos en 5 grupos por idades.

A listaxe de participantes cos seus grupos correspondentes e a programación da primeira semana pódese consultar na pagina do Concello www.soutomaior.com, no Gabinete de prensa do Concello ou ben no facebook.

O luns pola mañá os grupos dos mais pequenos (A e B) terán un obradoiro de presentación no Peirao de Arcade. A quenda do grupo C será pola tarde no Campo de Fútbol de Soutomaior cunha procura do tesouro pola zona.

O martes pola mañá o Grupo D e pola tarde o grupo E tamén terán unha procura do tesouro na mesma zona de Candán.

O mércores o grupo C pola mañá e o grupo B pola tarde visitarán o Castelo de Soutomaior onde poderán coñecer a historia deste espazo singular e os principais personaxes vinculados a el a través dun vangardista proxecto de musealización. Os participantes desprazaranse desde Arcade (saída desde a Alameda de Talo Río) nun tren turístico que os levará ata o Castelo.

O xoves pola mañá será a quenda dos maiores que se desprazarán a Vigo á Xira Galega de Karting. Pola tarde o Grupo D terán un “ obradoiro de percusión con refugallos” na casa do Pobo da Pedreira.

No último día da semana os máis pequenos desprazaranse pola mañá a Vigo ao Centro de formación Naturnova de // Afundación onde lles espera “A Xincana de Pintafontes”. Un percorrido pirata onde deben superar por equipos diferentes probas para coñecer onde se esconde o prezado tesouro de Pintafontes.

Xa pola noite todos os grupos xunto cos pais poderán gozar a “Velada na Noite” que terá lugar no Campo de Fútbol de Arcade onde todos xuntos terán unha sesión de xogos e probas que teñen como temática o Mundial de Fútbol. (Nesta actividade os niñ@ s das actividades teñen que estar acompañados dun adulto responsable)

7 monitores fixos, a parte dos especialistas en cada actividade, velarán pola seguridade e por levar a bo termino estas “Actividades de Verán 2018”


Visto 2179 veces