fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 29 Xullo 2016 11:19

Festival Clausura "Actividades de Verán 2016"

Festival Clausura "Actividades de Verán 2016"

Mañá sábado a partir das 21,30 horas no Peirao de Arcade terá lugar o Festival de Clausura das Actividades de Verán 2016 nas que participaron mais de 340 nenos e nenas do Concello de Soutomaior.

O Festival de clausura será presentando polas participantes nas actividades Maria Orge e Daniela Verez.

Iniciarase coa actuación de Xoan Curiel e a súa banda presentando ou espectáculo “Danzamos non verán”

Xoán Curiel e a súa banda presentan un espectáculo absolutamente participativo onde se mesturan a música, a danza con elementos teatrais ou de clown; con catro músicos, dous cantantes e unha bailarina, cheo de música, historias, danza e coreografías que mergullan ás nenas e nenos ,así como aos adultos acompañantes, nunha divertida festa e nun soño de verán ...

A continuación poderase visionar un vídeo resumen das mais de 40 actividades distintas realizadas polos participantes dos grupos A,B.C.D e E. deste “Verán 2016”

Como finalización cada participante nas actividades poderá recoller un pequeno agasallo conmemorativo da súa participación nestas actividades 2016.


Visto 2159 veces