fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 05 Xuño 2015 11:00

Presentación Actividades de Verán 2015

Presentación Actividades de Verán 2015

O Alcalde de Soutomaior. Agustín Reguera e o delegado de deportes Paco Iglesias, presentaron hoxe as actividades de verán 2015.

A inscrición está aberta dende o próximo luns día 8 de xuño ata o día 20 e poderanse realizar no Concello, Pavillón. Multiúsos e Biblioteca.

Estas actividades, só para empadroados no Concello de Soutomaior, está previsto que reúna dende o 1 ata o 31 de xullo a máis de 350 nenos e nenas de entre 3 e 15 anos. As prazas son limitadas por grupos.

A parte das actividades clásicas de vela, esqui,acampada, festa da bicicleta,talleres, etc. haberá novas actividades como xeocaching (proba de orientación por GPS), Taller de coctelería sen alcol,mergullo,etc.

Os participantes terán tamén diversas saídas como, entre outras, á Casa do queixo (Grixalba), Muiños dá Barosa (Barro),ou a granxa escola Casa dá Terra.

O festival de clausura, coa proxección do video das actividades, será o sábado 1 de agosto ás 21,30 horas no Peirao de Arcade.

A presentación para os pais e a entrega da programación da primeira semana será no Multiúsos de Arcade o sábado 27 de xuño ás 12.00 horas


Visto 2582 veces