fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 26 Xuño 2017 14:01

Admitidos nas Actividades de Verán 2017 e 1a Semana

Admitidos nas Actividades de Verán 2017 e 1a Semana

O Concello de Soutomaior pon en marcha as actividades de verán de 2017 onde participarán máis de 300 nenos e nenas. Na relación de admitidos pódense ver os grupos onde irán destinados os inscritos.

A primeira semana das actividades, que servirán de contacto entre participantes e monitores, iniciarase o luns 3 de Xullo co grupo C no Peirao de Arcade en horario de mañá e no horario de tarde presentaranse os grupos  A e B (cunha curta actividade por ser o primeiro día).

Para o martes 4 en horario de mañá o grupo E e pola tarde en grupo D.

O mércores 5 o grupo B e o  C terán a posibilidade de manexar un kart.

Xoves 6 o grupo D e o E realizarán unha actividade de orientación urbana desde a Alameda de Tallo Río ata diversos lugares do centro urbano.

O venres 7 os mais pequenos desprazaranse á Hipica Amazonas para ter contacto cos cabalos.

O mesmo venres pola noite terá lugar a primeira  “Velada na Noite” onde todos os participantes das actividades de verán acompañados dun adulto responsable poñerán a proba os seus dotes de rastreadores. Iniciarase ás 22,30 horas desde o Campo de Futbol de Salgueirón (Arcade)

Toda a información das actividades de verán pódese atopar na pagina web www.soutomaior.com no Gabinete de prensa e no facebok do Concello de Soutomaior.

 

TODA A PROGRAMACIÓN FAI CLIK AQUÍ


Descargar adjuntos:

Verán-2017-Semana-1.pdf (973 Descargas)
Veran-2017-Listado-Admitidos(7).pdf (746 Descargas)
Visto 1772 veces