Martes, 04 Xullo 2017 13:02

Actividades Verán 2017

As actividades de verán organizadas polo Concello de Soutomaior comezaron onte coa primeira  actividade na Carballeira do Peirao de Arcade. En total están programados 24 días de actividades adaptadas ás idades dos participantes, que van desde os 3 ata os 15 anos, e que terminarán o día 29 co tradicional festival de clausura.

En total participarán máis de 300 nenos que gozarán de actividades tan emocionantes como a vela e o esquí acuático. Cada actividade contará coa supervisión de sete monitores, ademais dos específicos de cada proposta, co que os pequenos teñen garantida unha atención especializada e constante en todo momento.

Á parte das actividades xa clásicas desta iniciativa municipal, como a acampada, ver e esquí, parque acuatico,etc  tamén haberá alternativas como o "Xeocaching", unha proba de orientación urbana por GPS, ou pilotar nun circuíto de karts.

 Así mesmo o día 24 para os grupos A e B (os máis pequenos) terán en Tallo  Río unha visita moi especial por parte dos personaxes Ryder, Marshall, Chase e Skye coa patrulla canina.

A tradicional acampada terá lugar os días 21, 22 e 23 de xullo, a festa da bicicleta o sábado 15 e o festival de clausura, que se celebrará no Peirao de Arcade e no que se proxectará o vídeo resumen das actividades, o día 29.

As Actividades de Verán organizadas polo Concello de Soutomaior pretenden fomentar o tempo de lecer saudable entre a mocidade do municipio mediante propostas innovadoras e divertidas, que á vez teñan un fondo formativo e axuden a inculcar hábitos saudables nos pequenos.

As fotos das actividades poderanse ver no facebook do Concello de Soutomaior e tamén neste enlace: Fotos do Concello


Visto 1469 veces

Actividades de Verán

Talo Río éncehese coa proxección do video recompilatorio das Actividades de Verán

Talo Río éncehese coa proxección do video recompilatorio das Actividades de Verán

01-08-2022 / Actividades de Verán (Deportes)

O pasada sábado Talo Río encheuse de familias que acudiron ao Festival de Clausura das Actividades de Verán. Empezamos cunha obra de teatro que encantou aos/ás máis cativos/as, para despois dar paso ao momento máis esperado, o vídeo recompilatorio cos mellores momentos. Ademais, todos os/as participantes puideron levar a casa un detalle do Concello, unha mochila chulísima para levar á praia e...

Xa dispoñible o programa da última semana de actividades de verán

21-07-2022 / Actividades de Verán (Deportes)

Na última semana  de actividades de verán deste ano, a cativada gozará de sesións de contacontos, hípica, actividades acuáticas, obradoiros de pintura e moito máis. Ademais, o sábado día 30 terá lugar a clausura das actividades ás 21.30 horas, ca representación dunha obra de teatro e ca proxección do vídeo recopilatorio das actividades. 

Semana completísima nas actividades de verán!

14-07-2022 / Actividades de Verán (Deportes)

Xa tedes aquí o programa da terceira semana das Actividades de Verán. Música, scalestrix, obradoiro de cociña e a fin de semana... A ESPERADA ACAMPADA!!! Podedes descargalo aquí.

Descarga a programación da segunda semana de Actividades de Verán

08-07-2022 / Actividades de Verán (Deportes)

Xa está aquí a programación da próxima semana das Actividades de Verán: Aquapark, camas elásticas, inchables acuáticos e moito máis nesta segunda semana de actividades.  Descarga  aquí a programación completa.       

Listas de admitidos nas actividades de verán e programación da primeira semana

23-06-2022 / Actividades de Verán (Deportes)

Os nenos admitidos nas Actividades de Verán 2022 empezan este luns cunha programación que, seguro, gozarán ao grande. Hípica, golf e un rastrexo nocturno son algunhas das actividades das que gozará a cativada do concello esta semana. A lista completa de admitidos pódese descargar aquí, así como o programa desta semana. Cabe destacar que por motivos de organización, pode haber algunhas...

Mañá abrimos as inscricións das Actividades de Verán

07-06-2022 / Actividades de Verán (Deportes)

Chegou o momento que todos os cativos do Concello estaban a esperar: Mañá abrimos inscricións para as Actividades de Verán. Todos os empadroados de ata 13 anos e que teñan cumpridos os 3 anos o día 1 de xullo de 2022,  poden apuntarse ás Actividades de Verán que, un ano máis, veñen cargadas de animación, diversión e momentos inesquecibles. Haberá un total...

Actividades de Verán 2022