Deportes
Deportes +
O vindeiro luns día 10 ponse en marcha o período de inscricións para as Escolas Deportivas do Concello de Soutomaior 2018-2019 que se iniciarán o 1 de outubro excepto patinaxe e baloncesto que o seu comezo está previsto para o luns 8.
Baile Moderno, multideporte, ximnasia rítmica e acrobática, tenis e padel, iniciación ao deporte, actividade física para adultos son as propostas para estas Escolas Deportivas.
O prazo de inscrición ábrese desde o 10 ao 21 de setembro e as prazas son limitadas xa que hai un máximo e un mínimo por actividade e grupo.
Patinaxe e baloncesto son gratuítos xa que están subvencionados pola Deputación Provincial.
O festival de clausura está previsto para o sábado 1 de xuño de 2019.
Os horarios e grupos poderán ser cambiados para mellor funcionamento das Escolas Deportivas.
As inscricións e a información mais detallada pódese realizar no Pavillón Municipal da Montesiña.
Así mesmo, desde día 17 de setembro ata o 3 de outubro, ábrese o prazo para a inscrición de equipos na liga local de fútbol sala.
O inicio está previsto para o 8 de outubro e todos os xogadores terán que contar con mutualidade deportiva.
AXENDA MUNICIPAL
Escolas M. Deportivas
Do: 01-10-2018 ó: 01-06-2019
Inscricións ata: 21 Set 2018
Destinatarios: Todo público
Lugar da actividade: Pavillón M. A Montesiña
Prazas: Limitadas
Baloncesto - Patinaxe - Natación - Baile Moderno - Multideporte - Ximnasia Rítmica - Ximnasia Acrobática - Tenis e Padel - Iniciación ó Deporte - Actividade Física para Adulto...
Escolas Deportivas Municipais
09-09-2022 / Escolas Deportivas
A partir deste lúns día 12 de setembro e ata o día 23 deste mes, todos os interesados poderán inscribirse nas Escolas Deportivas Municipais, que ofertan unha gran variedade de modalidades tanto para cativos/as como para adultos/as e cuxa actividade empeza o día 3 de Outubro. Entre elas, baloncesto; iniciación ao deporte; multideporte; patinaxe deportivo; pádel (infantil e para adultos); tenis...
01-10-2021 / Escolas Deportivas
O vindeiro luns día 4 de outubro iniciaranse as Escolas Deportivas Municipais do Concello de Soutomaior onde se inscribiron, entre infantís e adultos, máis de 300 participantes. Debido ao enorme volume...
06-09-2019 / Escolas Deportivas
O vindeiro luns día 9 ábrese o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas do Concello de Soutomaior 2019-2020. As inscricións pódense realizar ata o día 27 deste mes no...
31-05-2019 / Escolas Deportivas
O Pavillón Municipal A Montesiña acolle mañá sábado a partir das 18,00 h. o festival de clausura das Escolas Deportivas Municipais, nas que, ao longo do curso, participaron máis de 300 nenos/ as, para realizar demostracións das distintas modalidades cursadas durante a tempada. O Obxectivo das Escolas Deportivas Municipais é o fomento e a práctica do deporte como lecer saudable coñecendo...
10-09-2018 / Escolas Deportivas
INSCRICIÓN PATINAXE E BALONCESTO (Rexitro único) Pasos para formalizar a inscrición: Ir a www.depo.gal/deporte-escolas Opcions de inscrición: Rexistros da Deputación ou nas oficinas da ORAL Buscar: “Xerar solicitude para presentar no rexistro) Cubrir a solicitude e envialos datos a través da web. A Deputación nos remitirá a solicitude ó noso correo electrónico e debemos IMPRIMILA e FIRMALA. Duas opción para formalizala inscrición: Escanear esta solicitude firmada e remitila a...
07-09-2018 / Escolas Deportivas
O vindeiro luns día 10 ponse en marcha o período de inscricións para as Escolas Deportivas do Concello de Soutomaior 2018-2019 que se iniciarán o 1 de outubro excepto patinaxe e baloncesto que o seu comezo está previsto para o luns 8. Baile Moderno, multideporte, ximnasia rítmica e acrobática, tenis e padel, iniciación ao deporte, actividade física para adultos son as...
01-06-2018 / Escolas Deportivas
Mañá sábado día 2 de xuño a partir das 18,00 horas celebrarase no Pavillón Municipal A Montesiña de Soutomaior o festival de clausura das Escolas Deportivas Municipais 2017-2018. Mais de 330 nenos e nenas reúnense este día para facer unha pequena demostración de todo aquilo que estiveron a realizar durante a tempada. O festival de clausura iniciarase coa demostración dos compoñentes...
26-10-2017 / Escolas Deportivas
O Concello de Soutomaior, dentro das escolas deportivas 2017-2018, pon en marcha a escola de baloncesto. Está dirixido a nen@s de entre 6 e 12 anos. As clases serán os martes e xoves de 18,30 a 19,30 horas no Pavillón Municipal. Tentarase formar dous grupos cun mínimo de 10 participantes e un máximo de 15 cada día. Esta nova modalidade dentro das escolas deportivas...
Deportes +