O vindeiro luns día 10 ponse en marcha o período de inscricións para as Escolas Deportivas do Concello de Soutomaior 2018-2019 que se iniciarán o 1 de outubro excepto patinaxe e baloncesto que o seu comezo está previsto para o luns 8.
Baile Moderno, multideporte, ximnasia rítmica e acrobática, tenis e padel, iniciación ao deporte, actividade física para adultos son as propostas para estas Escolas Deportivas.
O prazo de inscrición ábrese desde o 10 ao 21 de setembro e as prazas son limitadas xa que hai un máximo e un mínimo por actividade e grupo.
Patinaxe e baloncesto son gratuítos xa que están subvencionados pola Deputación Provincial.
O festival de clausura está previsto para o sábado 1 de xuño de 2019.
Os horarios e grupos poderán ser cambiados para mellor funcionamento das Escolas Deportivas.
As inscricións e a información mais detallada pódese realizar no Pavillón Municipal da Montesiña.
Así mesmo, desde día 17 de setembro ata o 3 de outubro, ábrese o prazo para a inscrición de equipos na liga local de fútbol sala.
O inicio está previsto para o 8 de outubro e todos os xogadores terán que contar con mutualidade deportiva.
AXENDA MUNICIPAL
Escolas M. Deportivas
Do: 01-10-2018 ó: 01-06-2019
Inscricións ata: 21 Set 2018
Destinatarios: Todo público
Lugar da actividade: Pavillón M. A Montesiña
Prazas: Limitadas
Baloncesto - Patinaxe - Natación - Baile Moderno - Multideporte - Ximnasia Rítmica - Ximnasia Acrobática - Tenis e Padel - Iniciación ó Deporte - Actividade Física para Adulto...