fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 31 Mai 2019 10:24

Festival Clausura Escolas Deportivas Municipais

Festival Clausura Escolas Deportivas Municipais

O Pavillón Municipal A Montesiña acolle mañá sábado a partir das 18,00 h. o festival de clausura das Escolas Deportivas Municipais, nas que, ao longo do curso, participaron máis de 300 nenos/ as, para realizar demostracións das distintas modalidades cursadas durante a tempada.

O Obxectivo das Escolas Deportivas Municipais é o fomento e a práctica do deporte como lecer saudable coñecendo os distintos deportes.

O festival arrincará coa demostración dos compoñentes das escolas de iniciación ao deporte e multideporte, seguido dos participantes de ximnasia rítmica e acrobática, tenis e pádel, baloncesto, patinaxe e baile moderno.

Ao finalizar o acto o alcalde, Agustín Reguera, entregará a todos os participantes unha medalla para premiar a entrega e esforzo destes mozos deportistas durante todo o ano.


Publicado en Escolas Deportivas
Visto 1448 veces