fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 09 Setembro 2022 11:04

O Luns abrimos as inscricións para as escolas deportivas

O Luns abrimos as inscricións para as escolas deportivas

A partir deste lúns día 12 de setembro e ata o día 23 deste mes, todos os interesados poderán inscribirse nas Escolas Deportivas Municipais, que ofertan unha gran variedade de modalidades tanto para cativos/as como para adultos/as e cuxa actividade empeza o día 3 de Outubro.

Entre elas, baloncesto; iniciación ao deporte; multideporte; patinaxe deportivo; pádel (infantil e para adultos); tenis (infantil e para adultos);Pickleball; ximnasia rítmica e acrobática; actividade física para adultos e baile moderno.

Os pagos, que roldan entre os 20 e os 40 euros bimensuais para os empadroados e entre os 30 e os 60 euros para os non empadroados poderanse facer nas entidades bancarias previstas polo concello.


Publicado en Escolas Deportivas
Visto 820 veces