fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 02 Xuño 2017 09:56

Escolas Deportivas 2016-2017 – Festival Clausura

Escolas Deportivas 2016-2017 – Festival Clausura

Escolas Deportivas 2016-2017 – Festival Clausura – Concello de Soutomaior

Mañá sábado día 3 de xuño a partir das 18,00 horas celebrarase no Pavillón Municipal A Montesiña de Soutomaior o festival de clausura das Escolas Deportivas Municipais 2016-2017.

Mais de 250 nenos e nenas reúnense este día para facer unha pequena demostración de todo aquilo que estiveron a realizar durante a tempada.

O festival de clausura iniciarase coa demostración dos compoñentes das Escolas de Iniciación ao Deporte e Multideporte, a continuación os participantes de Ximnasia Rítmica e Acrobática, Tenis e Pádel, Patinaxe, Baile Moderno, etc. mostrarán as súas habilidades.

Antes da entrega de medallas, por parte do Alcalde Agustín Reguera, a todos os participantes das Escolas Deportivas 2016-2017, procederase a unha homenaxe aos 10 deportistas do Kick Boxing Club Arcade que lograron medallas no campionato de España e entre outros destacan Sofía Alvarez e Nikol Duarte con dous ouros e unha prata.


Publicado en Escolas Deportivas
Visto 2045 veces