Efecto dominó
Entre Ríos
Participar no proxecto implica que se recuperen boas prácticas ambientais, poñer en valor os recursos naturais e medio ambientais e ser axentes sensibilizadores para chegar ao maior número de persoas.
Descrición do proxecto:
Trátase dun proxecto educativo e de sensibilización medio ambiental cuxas accións están focalizadas no territorio no que viven as persoas que participan. Tomamos como referencia os ríos Oitaven e Verdugo ao seu paso polo Concello de Soutomaior.
Un proxecto que nace da necesidade de actuar debido á forte presión exercida pola afluencia de visitantes, cada ano maior, que acoden ás zonas de recreo das beiras destes ríos, fundamentalmente nas tempadas de primavera e verán, onde a acumulación de persoas deixa unha pegada contaminante moi alta.
Consideramos importante implicar á mocidade para educar desde as idades máis temperás e facelas/os partícipes desde o coñecemento dos recursos que os rodean, para que participen nas iniciativas de sensibilización e se impliquen na conservación asumindo a responsabilidade de transmitir estes valores a outras persoas.

Para que?

O obxectivos xerais deste proxecto son:
- Implicar ao alumnado no desenvolvemento das actividades de sensibilización.
- Poñer en valor os recursos naturais do municipio.
- Promover que a mocidade tome conciencia da gravidade do problema da contaminación nos ríos provocada pola acción humana.
- Fomentar actitudes e comportamentos respectuosos cara o medio ambiente.
- Poñer en marcha boas prácticas ambientais e actuar como axentes sensibilizadores
Que e como o facemos?

O que facemos son actividades de educativas, creativas e de acción sensibilizadora vinculadas ás diferentes áreas de coñecemento, ás competencias concretas e á educación en valores.
Facémolo en varias fases:
FASE 1: Charlas de sensibilización e coñecemento previas para cada grupo en cada centro educativo. Usando o xogo e o movemento centrámonos no ecosistema fluvial dos ríos Verdugo e Oitaven e identificamos mediante un paseo virtual intrusos/as do río traballando: a historia do río, a fauna e flora, o pensamento crítico, o traballo en equipo e os valores.
FASE 2: Recoñecemento do terreo "Artistas de río". Deseño de contidos e ilustracións das láminas de sensibilización. Cada grupo participa nun "Roteiro medio ambiental " que transcorre desde a Ponte Medieval ata a Central Hidroeléctrica Ponte do Inferno para retornar ata a Ponte Colgante. A xornada serve para:
FASE 3: Deseño e elaboración do Dossier divulgativo "A carón dos ríos Oitaven e Verdugo"
Facémolo en varias fases:
Fase 1

Fase 2
FASE 2: Recoñecemento do terreo "Artistas de río". Deseño de contidos e ilustracións das láminas de sensibilización. Cada grupo participa nun "Roteiro medio ambiental " que transcorre desde a Ponte Medieval ata a Central Hidroeléctrica Ponte do Inferno para retornar ata a Ponte Colgante. A xornada serve para:
- Recoñecer o medio dun xeito práctico e didáctico
- Para reforzar e mesturar a teoría de aula coa práctica de campo
- Sensibilizar sobre necesidade de manter a natureza limpa
- Reducir e reciclar e fomentar a participación comunitaria e o voluntariado medio ambiental.
Encabezadas sempre cun lema e cunha imaxe que identifique algunhas das problemáticas. Unha vez rematadas o Concello selecciona e maqueta as máis representativas para colocalas no entorno da Ponte Colgante e Medieval, na Xunqueira de Arcade e no Peirao de Arcade.
Fase 3
FASE 3: Deseño e elaboración do Dossier divulgativo "A carón dos ríos Oitaven e Verdugo"
O Concello elaborara e editara un dossier didáctico cuxa función será a divulgación e o seu uso como recurso de aula co fin de concienciar sobre a necesidade de actuar responsablemente nos espazos naturais.
Incluirá:
- Contidos xerais sobre a riqueza medio ambiental do río Oitaven e do río Verdugo.
- Guía de boas prácticas e Selección de láminas deseñadas polo alumnado.
Cando o facemos?
FASE 1: Charlas nos centros en marzo: alumnado de 6º primaria e alumnado de 1º ESO
FASE 2: Roteiros abril e xuño: alumnado de 6º de primaria e alumnado de 1º ESO.
FASE3: Elaboración de dossier meses de xuño e xullo (entrega de exemplares ao alumnado e as centros participantes en setembro).
Quenes o facemos?
Promove e coordina:
Concellería de Educación e Medio Ambiente e OMIX do Concello de Soutomaior.
Colaboran e participan:
IES Soutomaior (alumnado 1º ESO do IES Soutomaior)
Colexio Santiago Apostol (alumnado de 6º primaria)
*Departamentos de Bioloxía e profesorado de ambos centros educativos.
Financia:
Concello de Soutomaior e Fondo de Compensación Ambiental. Xunta de Galicia.

NOVAS

Efecto Dominó. Proxecto Ríos Concello …
25-03-2021 Efecto dominó: Entre Ríos
Aproveitando que o 22 de marzo é unha data tan significativa pois é o día escollido para conmemorar o Día Mundial da Auga iniciamos a campaña "Efecto Dominó, entre ríos"...