Ensino
Ensino +
Axenda Ensino
EXPOSICIÓNS
Do: 13-05-2024 ó: 13-05-2024
En: Alameda Talo Río
CONCURSOS
ata:06 Mai 2024
O Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación organiza un programa de "Roteiros Medioambientais" para o período que vai de xaneiro a abril de 2016. Este programa inclúe tres roteiros de senderismo cos que se pretende fomentar a participación veciñal en actividades de educación medioambiental e de coñecemento e respeto do entorno natural do municipio.
A Concellería xa organizou en 2015 unha iniciativa similar que levaba por título “Coñece o teu entorno” na cal os contidos relacionados coa cultura e patrimonio de Arcade e Soutomaior se mesturaban con contidos de índole deportiva como é práctica do xeocaching. A finalidade era a de dinamizar a participación veciñal e poñer en valor os recursos naturais e patrimoniais achegándonos a eles mediante unha actividade lúdica – deportiva que actualmente ten moita demanda. Os motivos polo que se organiza esta actividade son: alto valor educativo e alta demanda no municipio.
Con estas tres novas propostas a Concellería quere seguir fomentando un lecer respetuoso co medio natural que nos sirva para poñer en valor a educación medioambiental que nos permita coñecer mellor os recursos do noso municipio: a flora e a fauna.
Este domingo 13 de marzo de 10,30 a 13,30 realizaremos o ROTEIRO: FERVENZA DO INFERNO
Breve descrición: 8km; Lineal.
Ecosistema fluvial, especies alóctonas/autóctonas, fervenza e presa.
Material de apoio: teléfono móbil e cachés.
O roteiro estara guiado por unha monitora titulada e especializada na temática.
A participación nesta actividade é de balde e as prazas están limitadas. Teñen preferencia as persoas empadroadas no municipio.
Máis información e inscricións: na OMIX,Multiusos Arcade
O CONCELLO DE SOUTOMAIOR
Roteiros Medioambientais
02-05-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar coa visita polo parque somerxido da Illa coa axuda dunhas lentes virtuais e das guías especializadas na materia.
06-03-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...
06-06-2022 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Onte, preto de 30 veciños/as participaron no Roteiro polos Montes da Valga, na serra dá Groba, Oia. Os/as asistentes puideron observar os cabalos autóctonos que se crían en liberdade e que...
18-10-2021 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Soutomaior inicia a nova proposta para este trimestre do programa Roteiros medio ambientais: Coñece o teu Concello e arredores. Comezamos este domingo 24 de outubro co ROTEIRO MICOLÓXICO POLOS MONTES DE ARCADE-SOUTOMAIOR. Iniciaremos a actividade cunha pequena explicación que se realizará no Multiúsos en Arcade e que terán unha duración de 1 h para expoñer conceptos básicos sobre micoloxía: concepto de fungo...
07-10-2020 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
O Concello de Soutomaior convoca este roteiro e actividade de sensibilización medioambiental que terá lugar o domingo 18 de outubro pola mañá. Será unha xornada moi completa na que as persoas participantes poderán participar nunha visita guiada á Aula de Natureza do Monte Siradella e os seus arredores co fin de coñecer este espazo natural e todos os recursos ambientais...
24-10-2019 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Comezamos de novo co programa “Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores" 2019 que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un...
07-10-2019 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Comezamos de novo co programa “Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores" 2019 que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un...
15-01-2019 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Poñemos en marcha de novo o programa municipal Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores 2019 que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e...
Que é?
Un programa de roteiros nos que se combina a educación e sensibilización medio ambiental co senderismo e as actividades lúdicas e de lecer. Cada roteiro ten as súas peculiaridades que se van destacando da man dunha guía que durante o percorrido vai explicando e interpretando o que se ve: arquitectura, flora, fauna, paisaxe, etc. Estas explicacións realízanse combinando diferentes técnicas e recursos dun xeito dinámico e divertivo: uso de mapas, aplicación de tecnoloxías como por exemplo os códigos QR ou o xeocaching, etc.
Obxectivos
Inscricións
Durante o ano realízanse varias convocatorias que habitualmente se programan cunha periodicidade trimestral.
IMPORTANTE: Recordamos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.
Material necesario:
*Inscricións previa nos roteiros: ata 5 días antes de cada roteiro na OMIX ou ata cubrir prazas.
Ensino +