fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 06 Xuño 2022 13:31

Potros autóctonos, aire libre, cultura e moito compañeirismo no roteiro polos montes do Curro da Valga

Potros autóctonos, aire libre, cultura e moito compañeirismo no roteiro polos montes do Curro da Valga

Onte, preto de 30 veciños/as participaron no Roteiro polos Montes da Valga, na serra dá Groba, Oia.
Os/as asistentes puideron observar os cabalos autóctonos que se crían en liberdade e que cada primavera aprésanse para participar en Rapa das Bestas. Ademais, percorreron unhas paraxes naturais inesquecibles, cheas de flora e fauna autóctona que fixo as delicias de pequenos e maiores.
Grazas a todos/as os/as veciños/as por seguir participando nestas actividades, foi un domingo de pasalo en grande.

Visto 519 veces