Ensino
Ensino +
Axenda Ensino
EXPOSICIÓNS
Do: 13-05-2024 ó: 13-05-2024
En: Alameda Talo Río
CONCURSOS
ata:06 Mai 2024
A Concellería de Educación do Concello de Soutomaior inicia novos roteiros medioambientais que se realizarán durante o mes de maio e xuño. Estes roteiros están deseñados para todos os públicos e teñen como finalidade poñer en valor os recursos naturais e patrimoniais do noso Concello e arredores. Están guiados por unha experta medioambiental que axudará a que as persoas participantes poidan ampliar os seus coñecementos sobre prantas, árbores, animais, etc.
Ademais dos contidos de educación medioambiental os roteiros tamén aportanun compoñente lúdico que os fai moi atractivos e enriquecedores porque se realizan usando a técnica da orientación e do xeocaching. Durante todo o roteiro haberá unha serie de pistas que se irán atopando mediante a interpretación dun mapa que se lles entregará previamente ao inicio do roteiro.
Estes roteiros son moi sinxelos e divertidos polo que desde o Concello animamos a todos os veciños e veciñas a participar pois seguro que atoparán lugares e recursos nos que nunca repararan.
A participación nos roteiros é de balde pero hai que inscribirse previamente na OMIX porque as prazas son limitadas, 986700822
Roteiros Medioambientais
02-05-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar coa visita polo parque somerxido da Illa coa axuda dunhas lentes virtuais e das guías especializadas na materia.
06-03-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...
06-06-2022 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Onte, preto de 30 veciños/as participaron no Roteiro polos Montes da Valga, na serra dá Groba, Oia. Os/as asistentes puideron observar os cabalos autóctonos que se crían en liberdade e que...
18-10-2021 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Soutomaior inicia a nova proposta para este trimestre do programa Roteiros medio ambientais: Coñece o teu Concello e arredores. Comezamos este domingo 24 de outubro co ROTEIRO MICOLÓXICO POLOS MONTES DE ARCADE-SOUTOMAIOR. Iniciaremos a actividade cunha pequena explicación que se realizará no Multiúsos en Arcade e que terán unha duración de 1 h para expoñer conceptos básicos sobre micoloxía: concepto de fungo...
07-10-2020 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
O Concello de Soutomaior convoca este roteiro e actividade de sensibilización medioambiental que terá lugar o domingo 18 de outubro pola mañá. Será unha xornada moi completa na que as persoas participantes poderán participar nunha visita guiada á Aula de Natureza do Monte Siradella e os seus arredores co fin de coñecer este espazo natural e todos os recursos ambientais...
24-10-2019 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Comezamos de novo co programa “Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores" 2019 que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un...
07-10-2019 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Comezamos de novo co programa “Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores" 2019 que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un...
15-01-2019 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Poñemos en marcha de novo o programa municipal Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores 2019 que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e...
Que é?
Un programa de roteiros nos que se combina a educación e sensibilización medio ambiental co senderismo e as actividades lúdicas e de lecer. Cada roteiro ten as súas peculiaridades que se van destacando da man dunha guía que durante o percorrido vai explicando e interpretando o que se ve: arquitectura, flora, fauna, paisaxe, etc. Estas explicacións realízanse combinando diferentes técnicas e recursos dun xeito dinámico e divertivo: uso de mapas, aplicación de tecnoloxías como por exemplo os códigos QR ou o xeocaching, etc.
Obxectivos
Inscricións
Durante o ano realízanse varias convocatorias que habitualmente se programan cunha periodicidade trimestral.
IMPORTANTE: Recordamos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.
Material necesario:
*Inscricións previa nos roteiros: ata 5 días antes de cada roteiro na OMIX ou ata cubrir prazas.
Ensino +