fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 18 Mai 2016 11:29

Aberto o prazo de inscricións nos roteiros medioambientais

Aberto o prazo de inscricións nos roteiros medioambientais

A Concellería de Educación do Concello de Soutomaior inicia novos roteiros medioambientais que se realizarán durante o mes de maio e xuño. Estes roteiros están deseñados para todos os públicos e teñen como finalidade poñer en valor os recursos naturais e patrimoniais do noso Concello e arredores. Están guiados por unha experta medioambiental que axudará a que as persoas participantes poidan ampliar os seus coñecementos sobre prantas, árbores, animais, etc.

Ademais dos contidos de educación medioambiental os roteiros tamén aportanun compoñente lúdico que os fai moi atractivos e enriquecedores porque se realizan usando a técnica da orientación e do xeocaching. Durante todo o roteiro haberá unha serie de pistas que se irán atopando mediante a interpretación dun mapa que se lles entregará previamente ao inicio do roteiro.

Estes roteiros son moi sinxelos e divertidos polo que desde o Concello animamos a todos os veciños e veciñas a participar pois seguro que atoparán lugares e recursos nos que nunca repararan.

A participación nos roteiros é de balde pero hai que inscribirse previamente na OMIX porque as prazas son limitadas, 986700822


Visto 1550 veces