fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 06 Mai 2015 12:55

Coñece o teu Concello dun xeito divertido: xeocaching para principiantes!

xornada xeocaching en Arcade xornada xeocaching en Arcade

Breve descrición da actividade:

Camiñar realizando un percorrido trazado nun mapa e que se seguirá coa axuda dun compás, un GPS e múltiples pistas. Nos diferentes puntos de parada haberá diferentes probas, pistas e información cultural e natural, que se terá agochada previamente.

A monitora explicará a actividade e o manexo do compás , así como, a lectura de mapas. Fará equipos, antes de comezar, para que resolvan as probas e pistas.

 Acompañaravos durante todo o percorrido, dinamizando a actividade, explicando as probas, facendo de “xuíz” e resolvendo as posibles dúbidas que poidan xurdir.

As probas e pistas estarán relacionadas con aspectos naturais e culturais da zona e tamén co uso de brúxulas, mapas... Así mesmo haberá outras probas de habilidade. A finalidade destas probas e a diversión, o coñecemento do noso entorno e a cultura, así como, o respecto ao medio ambiente.

 

DATAS E HORARIOS: (Actividade de 3 horas)

10:30 – 11:00h: Recepción de participantes. Explicación da actividade e breves

conceptos sobre o emprego do compás, xeolocalización e lectura de mapas.

11:00 – 13:15h. Realización do percorrido

13:15 – 13:30h: valoración final, resolución de dúbidas e despedida.

 

Destinatarios/as: persoas interesadas en pasar unha mañá diferente e saudable (público xeral). Todas as idades.

Domingo 12 de ABRIL , percorrido por Arcade

Domingo 10 de MAIO, percorrido por Soutomaior

 

DOCUMENTACIÓN E INSCRICIÓNS:

As persoas interesadas en participar nesta actividade deberán presentar no Multiusos ata o 9 de abril a ficha de inscrición cuberta e asinada . Máis información no teléfono 986 700 822

 

IMPORTANTE: Recordamos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.

 

PERCORRIDO ARCADE  DOMINGO 12 DE ABRIL DE  2015

TRAMO: Pola zona urbana e semiurbana de Arcade, parando en diferentes puntos de interese natural e cultural.

Punto de partida e de chegada: Multiusos de Arcade, as 10.30 H

 

Duración aproximada da actividade: 3 h. A actividade farase de xeito que resulte moi cómoda e que non supoña un gran esforzo xa que está pensada para que todo o mundo poida realizala  sen ter experiencia previa neste deporte.

                      

Requisitos: As persoas inscritas deberán aparecer no lugar e hora indicada como inicio da ruta. As idades poden ser todas pero tendo en conta que na actividade se vai a camiñar durante aproximadamente 3 h aínda que se vai a ir parando en cada baliza e puntos sinalado no mapa e no percorrido.

 

Material necesario: Roupa e calzado cómodo para camiñar tendo en conta as condicións climatolóxicas. Si se pode sería útil descargar a aplicación de balde de Xeocaching no móbil.


Visto 2724 veces