O Concello de Soutomaior pecha o programa de educación medioambiental organizado pola Concellería de Educación cun novo roteiro que se desenvolverá o domingo 27 de novembro. Este programa iniciado no ano 2015 ten como obxectivo prinicipal ensinar a interpretar o noso entorno promovendo valores de respeto á natureza mediante a realización de actividades saudables como a práctica do senderismo. Isto axudaranos a manternos en forma e de paso coñecer un pouco máis o noso patrimonio.
No que vai de ano xa se realizaron 6 roteiros polo noso Concello e arredores. Concluímos o programa cun roteiro moi variado que nos permitirá coñecer "Os vellos camiños da Montesiña".
Breve descrición: 6kms (dificultade baixa); Praia Fluvial A Xunqueira, sendeiros a carón do Verdugo, sendeiros pola zona baixa de Saramagoso. Variacións continuadas de paisaxes (ribeira, monte baixo, cotas, sendas, viñedos, zonas semiurbanas e zonas rurais), onde se farán paradas interpretativas.
Ferramentas:empregarase un lector QR (https://play.google.com/store/apps/details?id=me.scan.android.client), para identificar as zonas de parada.
Levaranse mapas para recoñecer o terreo sobre o que se vai avanzando.
Destinatarios: público xeral
Duración:3 h/roteiro
Data:domingo 27 de Novembro
Hora:10:30 - 13:30
Inicio: A Xunqueira de Arcade (https://goo.gl/maps/Z4B6mG7ekRk)
A actividade é de balde pero para participar haberá que inscribirse previamente na OMIX antes do 22 de novembro - Multiusos (Arcade)
O CONCELLO DE SOUTOMAIOR