fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 13 Febreiro 2017 19:04

Roteiros medioambientais: ampliación de prazas e datas

Roteiro Medioambiental "Con sabor salgado" Roteiro Medioambiental "Con sabor salgado"

O programa de ROTEIROS MEDIOAMBIENTAIS iniciouse este domingo coa realización do primero roteiro programado "CON SABOR SALGADO". A pesares da choiva as persoas inscritas desfrutaron moito con esta nova proposta valorando positivamente as actividades organizadas para dinamizar o sendeiro e así coñecer un pouco máis sobre o noso medio e sobre a importancia de coidar e mater limpa a nosa natureza.

A edil de Educación, Fátima Vidal, trala alta demanda que está tendo esta actividade aposta por ampliar as prazas nos roteiros deste trimestre e ofertas novas datas para que un maior número de veciños e veciñas poidan disfrutar desta actividade.

 

Roteiro 1:

"Con sabor salgado"

Breve descrición: 5.5 kms. Dificultade media; desnivel moderado. Neste roteiro achegaremos máis ao mar do que o viñamos facendo nos anteriores porque no Concello temos variedade de ecosistemas. sobre os que aprender e coñecer os seres vivos asociados a el, 

  • Ferramentas: por deterrnimar    
  • Hora: 10:30 - 13:30    
  • Inicio:  Multiusos de Arcade

Datas:

  • Grupo 1 - 12 DE FEBREIRO de 2017 (completo)
  • Grupo 2 - 5 DE  MARZO de 2017

 

  Fotos"Con Sabor Salgado" 1

 

Roteiro 2:

"Fervenza do Inferno"

Breve descrición: 7.5 kms. Dificultade media; desnivel suave. En todo momento está presente o noso impoñente río Verdugo. Falaremos das especies alóctonas e tamén teremos  ocasión de gozar zonas de carballeira. E como colofón, chegaremos a unha fervenza.En diferentes puntos do camiño teremos "caches" agochados, por iso recomendamos descargarse a App no móbil.

Datas:

  • Grupo 1 - 19 DE FEBREIRO  de 2017 (completo)
  • Grupo 2 – 12 DE MARZO de 2017

 

Roteiro 3:

"Outra ollada á Peneda"

Breve descrición: 5.1 kms. Dificultade media; desnivel medio. Subiremos á Peneda e a algún outro monte próximo Ten desnivel pero a distancia non é moita. É apta para todos os públicos. Coñeceremos detalles históricos e naturais da Peneda e gozaremos dunhas vistas privilexiadas .

  • Ferramentas: códigos QR e mapas para poder averigüar o noso camiño.
  • Hora: 10:30 - 13:30    Inicio: onde se bifurcan o camiño do Castro e a estrada que sube á Peneda
  • Enlace: https://goo.gl/maps/Enm1JpVXA952

* (O lugar ten capacidade para 5 ou 6 coches, pero hai mais aparcamento nos arredores. Aínda así se recomenda compartir coche.)

Datas

  • Grupo 1 - 26 DE MARZO  de 2017 (completo)
  • Grupo 2 – 9 DE ABRIL de 2017

 

IMPORTANTE: Recordamos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.

 

Material necesario:

  • Calzado de monte/montaña. Moi recomendable con protección á auga.
  • Roupa axeitada ao día: chuvasqueiro, pantalón de auga, paraugas,... (se chove); pantalón de monte, polar, camiseta térmica (se fai frío).
  • Unha pequena mochila con auga (1/2 l) + Froita (ou bocadillo)
  • Móbil con batería e aplicación instalada de xeocaching ou de códigos QR

 

*Inscricións previa nos roteiros: ata 5 días  antes de cada roteiro na OMIX ou ata cubrir prazas.

 

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN
Multiusos de Arcade, Rúa Peirao 8 - 36690
Telf: +34 986 700 822 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 
Horarios: Luns a venres de 15,30 h a 20,30 h agás os Mércores de 9,00 a 14,00 h


Descargar adjuntos:

2017 Inscrición Roteiros Medioambientais-2.pdf (1131 Descargas)
Visto 1501 veces