fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 26 Outubro 2017 16:49

O próximo domingo 12 novembro 2017

Roteiros medioambientais: "a enerxía da auga"

Roteiros medioambientais: "a enerxía da auga"

O Concello de Soutomaior inicia a nova programación de ROTEIROS MEDIOAMBIENTAIS: coñecer o teu entorno e arredores. Este programa de educación mediambiental ten como finalidade  educar e sensibilizar no respecto, conservación do noso patrominio e promoción de valores medioambientais comezando polo noso entorno máis inmediato. Trátase de poñer en valor o que nos rodea, coñecelo e así respetalo. Tamén se promove o senderismo como medio para estar en forma pero tamén como actividade lúdica e de convivencia que permita  xerar ambientes distendidos onde veciños e veciñas pasen un rato entretido aprendendo e compartindo.

A proposta para este trimestre é para  o Domingo 12 de novembro: "A ENERXÍA DA AUGA"

Breve descrición: 6.5 kms, lineal. Dificultade media; desnivel moderado.O desnivel non é moi acusado, pero calificámolo como de nivel medio porque hai un par de costas con terreo desigual, no que hai que poñer moito coidado. Tamén advertimos que non é recomendable para persoas con moita vertixe, pois atravésase unha ponte en altura.

Temas: Neste roteiro camiñaremos ao longo do río Verdugo, gozando da vexetación de ribeira e co fío condutor da Central Hidroeléctrica. Atoparemos as diferentes infraestruturas necesarias para producir enerxía. E, todo isto, rodeado de recunchos de vexetación que nestas zonas pouco accesibles aínda se conservan.

Ferramentas: láminas sobre o funcionamento da minicentral e de elementos naturais salientables mediante as cales a guía irá comentando os aspectos máis

Data: Domingo 12 de novembro. Hora: 10:30 - 13:30. 

INSCRICIÓNS: Para participar é obrigatorio inscribirse previamente. Data límite 8 de novembro de 2017. Inscricións a través deste enlace: https://goo.gl/forms/u0vJacdGf5JmozVC2

As prazas sobn limitadas. Unha vez inscritos/as comunicarase uns días antes a admisión ou non no roteiro.

Máis información sobre este programa en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

IMPORTANTE: Lembramos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.

NORMAS sobre animais: Lembramos que por temas de organización e tipoloxía grupal da actividade NON se poderán levar cans nin outros animais aos roteiros.

Material necesario:

  • É recomendable levar calzado axeitado para camiñatas no monte que agarre ben, porque como xa dixemos hai zonas de pendente que poden esvarar.
  • Roupa axeitada ao día.
  • Unha pequena mochila con auga (1/2 l) + Froita (ou bocadillo). Opcional

Visto 2522 veces