Mércores, 15 Novembro 2017 13:22

Roteiros medioambientais

25 persoas participaron no Roteiro "A Enerxía da Auga"

25 persoas participaron no Roteiro "A Enerxía da Auga"

O pasado domingo 12 de novembro participaron 25 persoas no roteiro "A Enerxía da Auga". Actividade enmarcada dentro do programa municipal Roteiros mediambientais: coñece o teu entorno e arredores.

Durante unha duración aproximada de 3 h. as persoas inscritas, con idades moi variadas que ían desde os 6 anos ata os 68, guiadas por unha monitora puideron coñecer recunchos do Concello dos que non sabían nada ou nunca tiveran a oportunidade de visitar; tamén, aprender a observar bichiños que forman parte da fauna dos nosos ríos, descubrir como funciona unha minicentral de auga e compartir inquedanzas e dúbidas en relación á protección e coidado do noso patromonio mediambiental.

En https://www.facebook.com/educacion.soutomaior pódesen ver algunhas das fotos realizadas durante a xornada.

O Concello continuará organizando e desenvolvendo este programa de educación e sensibilización medioambiental ofertando nos roteiros a partir de xaneiro de 2018.


Visto 992 veces


Roteiros Medioambientais

Novos roteiros medio ambientais!

24-10-2019 Roteiros Medioambientais

Comezamos de novo co programa “Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores" 2019  que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos...

Recunchos máxicos: dende as Alvedosas ata o Ulló

07-10-2019 / Roteiros Medioambientais

Comezamos de novo co programa “Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores" 2019  que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa  son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un...

Roteiro medio ambiental "A Pedra e a Auga"

15-01-2019 / Roteiros Medioambientais

Poñemos en marcha de novo o programa  municipal Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores 2019 que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa  son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e...

Inscrición aberta para o Roteiro "Polas sendas da pesca". Domingo 6 de maio

09-04-2018 / Roteiros Medioambientais

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar no roteiro segundo roteiro organizado para este trimestre dentro do programa municipal de educación medio ambiental de Roteiro medio ambientais guiados: coñece o teu entorno e arredores". O roteiro realizarase si o tempo o permite o domingo 6 de maio de 2018.  O percorrido comeza na casa dos/as Pescadores/as que hai...

Domingo 8 de abril Roteiro medio ambiental "Os vellos camiños da Montesiña".

26-03-2018 / Roteiros Medioambientais

O Concello de Soutomaior inicia neste trimestre o programa de Roteiros Medio Ambientais con novas datas e propostas para disfrutas de actividade na natureza e de educación medio ambiental.  O programa ten como obxectivos coñecer os valores medio ambientais do noso Concello da man dunha guía. Promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un pouco máis sobre a...

25 persoas participaron no Roteiro "A Enerxía da Auga"

15-11-2017 / Roteiros Medioambientais

O pasado domingo 12 de novembro participaron 25 persoas no roteiro "A Enerxía da Auga". Actividade enmarcada dentro do programa municipal Roteiros mediambientais: coñece o teu entorno e arredores. Durante unha duración aproximada de 3 h. as persoas inscritas, con idades moi variadas que ían desde os 6 anos ata os 68, guiadas por unha monitora puideron coñecer recunchos do Concello...