.jpg)
Que é
A Semana da Ciencia en Soutomaior é unha proposta educativa coa que se pretende espertar a curiosidade pola ciencia e difundir contidos científico - tecnolóxicos mediante accións cunha metodoloxía dinámica, experimental e lúdica que motiven a participación e interacción da poboación en xeral.
Unha proposta coa que tamén imos conmemorar o día internacional da nena e da muller na ciencia que se celebra o 11 de febreiro co obxectivo de acadar o acceso e a participación plena e equitativa e visibilizar as contribucións que as mulleres, fan e fixeron, durante toda a historia da humanidade nestes ámbitos.
Trátase dun programa municipal promovido pola Concellería de Educación no que colaboran as Concellerías de Igualdade e de Xuventude xunto coa Biblioteca Municipal Luís Seoane.
En definitiva queremos contribuír a aumentar o nivel de cultura científico-tecnolóxica da cidadanía en xeral porque a experimentación e a curiosidade, non teñen idades nin xénero, e apostar polo fomento das vocacións científicas entre a xuventude nas diferentes áreas do saber.
Obxectivos
- Fomentar a autonomía e o pracer por experimentar sen medio a investigar.
- Divulgar contidos científicos dun xeito ameno e comprensible.
- Visibilizar a contribución das mulleres na ciencia.
- Promover a participación plena e equitativa da muller na ciencia.
- Contribuír a igualdade de oportunidades.
- Fomentar as vocacións científicas.
- Implicar á cidadanía en xeral en actividades de ciencia lúdicas, creativas e divertidas.
- Ofrecer recursos de lectura comprensiva no ámbito da ciencia e de divulgación científica.
Proposta de actividades
- Obradoiros lúdico - experimentais
- Museo científico itinerante “Prohibido non tocar”
- Xincanas científico tecnolóxicas
- Divulgación científica: conferencia
- Mesa redonda: vocacións científicas
- Espectáculo científico: da palanca ó láser.
- Punto de lectura
Destinatarios/as
Calquera persoa que teña curiosidade por comprender o mundo que nos rodea, que desexe experimentar, comprender, probar, saber, reflexionar, divertirse.. etc.
Haberá actividades para todas as idades.
Colaboracións
Raquel Barbosa LorenzoMédico especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública no Hospital Lucus Augusti (EOXI Lugo, Cervo e Monforte). Licenciada en Medicina, compaxinou a súa formación en Medicina Preventiva coa realización da súa tese doutoral, cuxo título é Uso epidemiolóxico dos Mapas de Radón. O Mapa de Radon de Galicia.
Diplomada en deseño e estatística pola Universidade Autónoma de Barcelona, tamén está en posesión do Máster en Saúde Pública e do Máster en Metodoloxía da Investigación en Ciencias da Saúde.
Ana Paula Rodiño Míguez
Titulada Superior Actividades Técnicas e Profesionais. Doutora. Grupo de bioloxía de agrosistemas. Misión Biolóxica de Galicia. CSIC.


Xiana Alfaya
Presentación do traballo de campo realizado sobre a Escola Municipal de Horta urbana Ecolóxica e da exposición de fotografía ”A VIDA MICROSCÓPICA”.
Leticia Costas
CEO de Kidcode. Divulgadora científica. Consultora de Design Thinking e Lean Startup.


Punto de lectura

Do Venres 8 ao Xoves 14 de febreiro
Luns a venres de 16 a 20 h
e martes e xoves de 9 a 14 h


Obradoiro Water
Obradoiros onde o fío condutor é o auga, aprenderemos as súas peculiares propiedades e distintas posibilidades. Ademais, todo participante levará para a súa casa o seu propio submarino construído durante o obradoiro, ao máis puro estilo Xulio Verne.
CEIP MANUEL PADIN TRUTEIRO
Mércores 13 de febreiro
5º A 09.30 a 10.30
5º B 10.45 a 11.45
5º C 12.30 a 13.30
Venres 15 de febreiro
6º A 11.00 a 12.00
6º B 12.30 a 13.30


Minerais
Levaremos unha gran mostra de minerais que nos ensinarán os distintos tipos de cristalización. Analizaremos varios tipos de erosión. Amosaremos as pedras mais asombrosas, como Meteorito, tectita, dedo de Deus…
IES SOUTOMAIOR
Martes 12 de febreiro 1º ESO A+B 11.50 a 12.55 10.45 a 11.45 1º ESO C 16.30 a 17.30 |


Electromagnetismo
Veremos os distintos tipos de correntes eléctricas e as súas propiedades. A relación entre magnetismo e electricidade. A súa aplicación na vida cotiá. Mediante obxectos sorprendentes e tamén amosaremos o motor mais sinxelo do mundo
IES SOUTOMAIOR
Martes 12 de febreiro 2º ESO B 09.55 a 10.45 |



A ciencia non ten idades

Multiusos, Arcade
Entrada: de balde


Conferencia Relatorio
Raquel Barbosa Lorenzo
O Radon é ubicuo e acumúlase en lugares pechados, como nas vivendas ou en lugares de traballo. A concentración depende fundamentalmente do contido en uranio 238 do subsuelo xeolóxico sobre o que se asintan as vivendas. E Galicia, de feito, presenta zonas con elevada concentración de radon.

Multiusos, Arcade
Entrada de balde ata completar aforo

Licenciada en Medicina, compaxinou a súa formación en Medicina Preventiva coa realización da súa tese doutoral, cuxo título é "Uso epidemiolóxico dos Mapas de Radon". O Mapa de Radón de Galicia. Diplomada en deseño e estatística pola Universidade Autónoma de Barcelona. Máster en Saúde Pública e Máster en Metodoloxía da Investigación en Ciencias da Saúde. Formada na área de Epidemioloxía Ambiental e Cancro no Centro Nacional de Epidemioloxía (Instituto de Saúde Carlos III).

A ciencia non ten idades

Multiusos, Arcade
Entrada: de balde

Museo Científico Itinerante
Un particular museo científico con máis de 50 obxectos espectaculares, acompañados sempre dunha explicación clara e amena, buscando a interacción coas persoas asistentes, por iso o lema é “Prohibido non tocar”. Pola visita acompañaranos unha personaxe moi peculiar: E.T.
Promover a curiosidade e interese polas ciencias e natureza motivando as gañas de aprender sobre gran variedade de disciplinas científicas e con divertidos tópicos.
(10.00 a 11.30 h)
(16.30 a 18.00 h)
26 prazas c/horario
Entrada: de balde

Obradoiro KIDS

26 prazas

Obradoiro Fire
"O poder do lume"
Baixo un estrito control de seguridade, xogaremos con experimentos nos que, nun determinado punto da actividade, precisaremos do lume para comprender o seu funcionamento. Para casa e como agasallo, o público levará un Paxariño cun equilibrio un tanto sorprendente...

26 prazas

A conquista da lúa
Por equipos coñecer figuras relevantes da ciencia e da literatura de ficción.
A conquista da Lúa: persoas e tecnoloxías que o fixeron posible. Obradoiro centrado nas figuras de Xulio Verne e Margaret Hamilton.

26 prazas
Entrada: de balde

Intelixencia artificial e robótica
Xincana Científica Tecnolóxica
Por equipos coñecer figuras relevantes da ciencia e da literatura de ficción.
Intelixencia artificial e robótica: centrado nas figuras de Isaac Asimov e Grace Murray Hopper.

26 prazas

Mesa Redonda
Vocacións científicas
Ana Paula Rodiño Míguez
Titulada Superior Actividades Técnicas e Profesionais
Doutora. Grupo de bioloxía de agrosistemas.
Misión Biolóxica de Galicia. CSIC
Xiana Alfaya
Presentación do traballo de campo realizado sobre a Escola Municipal de Horta urbana Ecolóxica e da exposición de fotografía ”A VIDA MICROSCÓPICA”
Leticia Costas
CEO de Kidcode. Divulgadora científica. Consultora de Design Thinking e Lean Startup.

(20:00 h.)
Multiusos de Arcade
Prazas: Ata completar aforo
Entrada: Libre

Espectáculo
Da palanca ao láser
(a cargo de "Ceo Aberto")
percorreremos a historia da humanidade e os cambios tecnolóxicos máis disruptivos, que permiten a entrada nunha nova era do coñecemento revolucionado a historia.
Será un ESPECTÁCULO moi dinámico acompañado de experiencias prácticas ilustrativas: chamas de cores, erqueremos persoas de xeitos sorprendentes, veremos os efectos da electricidade a través de experiencias electroestáticas, achegarémonos á xenética descobrindo mutantes entre o público… e moito máis!

Entrada: de balde

Punto de lectura

(16,30 a 21,30)
Multiusos, Arcade