Venres, 09 Xuño 2017 20:04

Primeiro número do magazine SoutoNews

Soutonews Magazine é un proxecto para a mocidade que te fai falar en inglés. Soutonews Magazine é un proxecto para a mocidade que te fai falar en inglés. / Foto: Soutonews 2107

Soutonews finalizou o curso este venres 9 de xuño. Este proxecto de inmesión lingüística en inglés comezou no mes de marzo e vai dirixida a mozos e mozas de 12 a 17 anos. Durante estes meses os/as participantes estiveron realizando actividades moi diversas para prácticar o inglés: elección de temas para a elaboración dos magazines mensuais, procura de novas para realizar debates, entrevistas, elaboración de artigos, dinámicas e xogos, etc. 

A metodoloxía deste proxecto é moi interactiva e dinámica, trátase de practicar o inglés pero dun xeito lúdico e práctico por iso cada mes o resultado é un número deste magazine xuvenil onte os mozos e mozas expoñen temas de interese para eles e elas sobre os que previamente realizan unha pequena investigación guiada pola súa mestra. Ademais, tamén se practican outras habilidades e destrezas como falar con público, traballar en grupo, ser máis creativos/as, etc. e tamén responsabilidade, reparto de funcións, empatía, etc. Cada mes escollen que rol van a ocupar na presentación do seguinte número e así teñen a oportunidade de ser reporteiros/as, presentadores/as e actores e actrices.

Neste número fálase de: lecturas recomendadas, libros electrónicos, xeoloxía e montañismo, como xogar ao cubo Rubik, karate e tamén sobre gastronomía.

Os seguintes dous números están a piques de saír e, xa avanzamos, que virán repletos doutras moitas novas tamén moi interesantes!

As persoas interesadas en participar neste proxecto poderán inscribirse a partir do mes de xullo na OMIX. Tel. 986700822  As clases comezarán de novo en outubro.

Podedes solicitar máis información nos seguintes correos:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  


Publicado en SoutoNews Magazine
Visto 1789 veces

Medios


SoutoNews Magazine

Atrévete co inglés! participa en SOUTONE…

25-10-2017 SoutoNews Magazine

O Concello de Soutomaior pon en marcha Soutonews, Magazine Xuvenil. Trátase dun programa de inmersión lingüística en inglés no que os/as participantes elaborarán o seu propio magazine xuvenil, encargándose de...

Primeiro número do magazine SoutoNews

09-06-2017 / SoutoNews Magazine

Soutonews finalizou o curso este venres 9 de xuño. Este proxecto de inmesión lingüística en inglés comezou no mes de marzo e vai dirixida a mozos e mozas de 12 a 17 anos. Durante estes meses os/as participantes estiveron realizando actividades moi diversas para prácticar o inglés: elección de temas para a elaboración dos magazines mensuais, procura de novas para...

SoutoNews: inmersión lingüística en inglés

01-02-2017 / SoutoNews Magazine

O Concello de Soutomaior pon en marcha o proxecto SoutoNews. Un programa de inmersión lingüística en inglés no que os/as participantes elaborarán o seu propio magazine xuvenil, encargándosede crear diferentes seccións: cultura, economía, deportes, sociedade, sucesos,… Integramente en inglés e guiados-as por unha profesora de nivel nativo e con experiencia, idearán as novas, redactarán os contidos e poñeranos en práctica. Coa axuda da...

 

TV Concellería de Educación