fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 19 Xullo 2022 12:09

Fomentamos a empregabilidade dos/as mozos/as do Concello con ‘Deseñando o teu futuro’

Fomentamos a empregabilidade dos/as mozos/as do Concello con ‘Deseñando o teu futuro’

O programa ‘Deseñando o teu futuro’ empezou a semana pasada. O obxectivo é que un grupo de mozos/as do Concello explore os seus intereses e talentos a través dun programa de estancias en empresas e varias sesións de obradoiros e charlas que lles axudarán a encamiñar o seu futuro profesional.

A primeira xornada tivo lugar o pasado día 15 e os/as participantes visitaron o Coliving Anceu Rural onde coñeceron a persoas cunha riqueza profesional moi variada adquirida a través da educación formal pero tamén da educación non formal.

Ademais, puideron descubrir as experiencias reais de varios mozos/as que participaron en programas de mobilidade e voluntariado xuvenil europeo.

A primeira xornada terminou cunha comida india da man de Nandini Banerji, emigrante india en Estados Unidos que compartiu cos asistentes as súas experiencias.


Visto 517 veces