Martes, 12 Xullo 2016 21:41

Arrancamos coas estadías do programa Deseñando o teu futuro

Este luns 11 de xullo os mozos e mozas que participan neste programa de educación non formal organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior, en colaboración co Xunta de Galicia, inician as súas estadías nas empresas concretas. Estas empresas foron seleccionadas tendo en conta as súas motivacións e intereses profesionais para que esta experiencia os/as aproxime a unha realidade laboral que os/as atrae laboralmente. Trátase de que se sintan motivados e motivadas a seguir estudando o que realmente lles gusta e para comezar a dar pasos que os acheguen aos seus obxectivos persoais, académicos e profesionais. As estadías ademais promoven a adquisición de habilidades como a autonomía, a xestión das emocións, a escoita activa, a asertividade e as habilidades comunicativas porque se enfrontan eles e elas sós a un contexto real no que teñen que tomar as decisións eparticipar na resolución de situacións que acontecen no día a día dunha empresa. As empresas que colaboran co Concello para poder realizar as estadías son moi variadas, por exemplo: clínicas veterinarias, estudios de arquitectura, empresas de animación e tempo libre, medios e empresas de comunicación, centros de día para maiores, restaurantes, etc. A valoración dos mozos e mozas está sendo moi positiva ata o de agora e a vindeira semana volverán a ter actividades en grupo antes de rematar a súa participación no programa.


Visto 3376 veces


Deseñando o teu futuro

Cumplíuse o programa "Deseñando o teu futuro"

23-10-2017 Deseñando o teu futuro

Un ano máis o Concello de Soutomaior e a Xunta de Galicia convocan no Concello de Soutomaior o proxecto DESEÑANDO O TEU FUTURO dirixido a mozos e mozas de idades...

Deseñando o teu futuro. Últimas Prazas!

04-07-2017 / Deseñando o teu futuro

É un proxecto de educación non formal de estadías- visitas non remuneradas nos distintos sectores das empresas/ entidades públicas ou privadas para que a mocidade adquira competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación. Organizado polo Concello de Soutomaior e a Xunta de Galicia. Destinatarios/as: mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e...

Deseñando o teu futuro 2017

27-06-2017 / Deseñando o teu futuro

O Concello de Soutomaior participa un ano máis no proxecto DESEÑANDO O TEU FUTURO. Trátase dun proxecto de educación non formal da Xunta de Galicia de estadías- visitas non remuneradas nos distintos sectores das empresas/ entidades públicas ou privadas  para que a mocidade adquira competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación, e isto lles...

Arrancamos coas estadías do programa Deseñando o teu futuro

12-07-2016 / Deseñando o teu futuro

Este luns 11 de xullo os mozos e mozas que participan neste programa de educación non formal organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior, en colaboración co Xunta de Galicia, inician as súas estadías nas empresas concretas. Estas empresas foron seleccionadas tendo en conta as súas motivacións e intereses profesionais para que esta experiencia os/as aproxime a unha...

Programa educativo “deseñando ou teu futuro”

05-07-2016 / Deseñando o teu futuro

O Concello de soutomaior presenta o seu programa educativo “deseñando ou teu futuro” 30 mozos do municipio entrarán en contacto co mundo laboral nun proxecto piloto que pretende facilitarlles a elección da súa futura profesión O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, presentou esta mañá o novo proxecto educativo organizado pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Soutomaior . O programa está...

Deseñando o teu futuro! visitas en empresas

29-04-2016 / Deseñando o teu futuro

“Deseñando o teu futuro” é un proxecto de educación non formal de estadías- visitas non remuneradas nos distintos sectores das empresas/ entidades públicas ou privadas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia  para que a mocidade adquira competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación, e isto lles axude a tomar decisión sobre o seu...

 

 

 
 

Os titulares de Xuventude

XIII edición do certame literario “ Verbas para…comunicar”

17-01-2020 / Verbas para... comunicar

Un ano máis, e xa  van trece, as mellores plumas novas de Soutomaior teñen ocasión de mostrar a súa valía no certame literario “ Verbas para…comunicar”. Organizado pola Concellería de...

Participa na comparsa municipal de Entroido!

16-01-2020 / Xuventude

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar na Comparsa Municipal de Entroido organizada pola Concellería de Xuventude. As inscricións estarán abertas ata o 6 Febreiro 2020 Nesta actividade...

Novos cursos de formación Xuventude

10-01-2020 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca os cursos de formación que se desenvolverán durantes os meses de xaneiro e abril de 2020 dirixidos á xuventude e no que tamén poden participar...

Entrega de premios do XVIII Concurso de Postais de Nadal

23-12-2019 / Xuventude

O Concello de Soutomaior entregou os premios do seu tradicional concurso de postais do Nadal. Un certame que este ano incluía unha nova categoría, a de felicitacións en formato audiovisual...

TV Concellería de Xuventude