Xuventude
Xuventude +
Axenda Xuventude
CURSOS

ata:24 Feb 2023

ata:08 Mar 2023

ata:08 Mar 2023

ata:31 Mar 2023

ata:05 Mai 2023
OBRADOIROS

Do: 26-02-2023
ó: 26-02-2023
ata: 08 Feb 2023

O Concello de Soutomaior pon en marcha o programa xuvenil Encontro da Mocidade que se realiza desde o 19 ata o 22 de agosto na Illa de San Simón. Este programa consiste en ofrecer unha proposta de participación facilitadora de espazos de encontro e interacción entre a mocidade do municipio en contextos informais e espazos naturais para traballar temas culturais que resulten de interese para a mocidade mediante metodoloxías lúdicas e creativas. Nesta ocasión a temática estará baseada no cinema cunha particular visión o CINEMA 3.0. As persoas participantes atoparanse durante a súa estancia en San Simón cun prató de cinema xa que a cinefilia, impregnará todas as actividades e terá presente a historia da Illa poñendo en valor o seu patrimonio material e inmaterial.
Durante este encontro traballarase por grupos de idade, segundo o desenvolvemento evolutivo dos participantes. Vai dirixida a mozos e mozas de 12 a 17 anos.
Utilizarase unha metodoloxía lúdica, dinámica e divertida na que se fomentará o traballo en equipo e a cooperación baseada en todo momento no xogo e a diversión como método didáctico para que as persoas participantes sexan as verdadeiras protagonistas. Algunhas das actividades que se realizarán serán: concurso de interpretación de películas, xincana de Cinema, Cinema Trivial, obradoiros de caracterización, Keysroom scape, cluedo, gravación de curtas, etc.
O prazo de inscrición estará aberto desde o 20 de xuño ata o 17 de xullo. A inscrición realizarase EN LIÑA na web:
Unha vez feita a inscrición haberá que entregar na OMIX antes do 12 de xullo o resto de documentación. A información xeral desta actividade estará na web de inscricións e tamén na web www.soutomaior.gal
Máis información na OMIX, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Tel. 986 700 822
Encontro da Mocidade
11-06-2019 / Encontro da Mocidade
O Concello de Soutomaior pon en marcha o programa xuvenil Encontro da Mocidade que se realiza desde o 19 ata o 22 de agosto na Illa de San Simón. Este...
31-05-2017 / Encontro da Mocidade
Este martes 30 de maio as 50 prazas ofertadas para o encontro cubríronse. A partir desta data todas as persoas que se inscriban pasarán a formar parte da lista de agarda. As persoas que desexen estar nesta lista por si hai algunha baixa poderán facelo entregando a inscrición na OMIX e non será necesario realizar o pagamento bancario ata que...
18-05-2017 / Encontro da Mocidade
O Concello de Soutomaior comunica que a partir do día 22 de maio ábrese o prazo para participar no Encontro da Mocidade que se realiza en San Simón en formato campamento intensivo. A temática este ano serán as ARTES ESCÉNICAS. Traballarase por grupos de idades diferentes artes: teatro, música, circo, danzas, improvisación, etc. co obxectivo de que cada grupo cree...
21-10-2016 / Encontro da Mocidade
Este Encontro que ten un formato campamento ten como finalidade promover un espazo de interacción e convivencia para a mocidade onde a través dunha ampla programación de actividades lúdicas e educativas reforzan valores como a convivencia, o respecto, etc. O fío conductor deste ano foi a riqueza cultural da Illa e arredores onde a través dunha viaxe inesperada mediante unha "máquina do tempo" puideron achegarse a diferentes momentos...
13-04-2016 / Encontro da Mocidade
A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior informa que xa está aberto o prazo de inscrición para participar no Encontro da Mocidade organizado para este anon 2016 en San Simón. Este ano o encontro leva por título " San Simón 2016: unha viaxe inesperada" O obxectivo desta actividade é o de promover un espazo de encontro para a mocidade onde as...
Xuventude +