Mércores, 26 Xuño 2019 13:22

Representacións teatrais. Escola Municipal de Teatro

Representacións teatrais. Escola Municipal de Teatro

Este fin de semana o alumanado dos diferentes grupos da Escola Municipal de Teatro presentarán as súas obras de fin de curso. O grupo xuvenil 2 presentará o venres 28 de xuño ás 21 h a obra " Adolescentes TV desastre" unha crítica ácida aos programas de TV actuais. Con esta obra búscase a relfexión sobre a postura dalgunhas persoas que prefiren ignorar a realidade do que pasa no mundo actual e anestesiarse con programas de "telelixo".

O sábado 29 de xuño ás 20.30 h o grupo infantil presentará a obra "Os ovos misteriosos" baseada nun texto de María Luisa Ducla Soares, que conta como unha mamá galiña forma unha familia moi especial, ignorando as críticas e malos comentarios da veciñanza, porque ao fin e ao cabo, o que realmente forma a unha familia é o amor. Neste día tamén se presentará a obra do grupo xuvenil 1 que leva por título  "Todos/as somos diferentes" , que está  baseada en situacións reais que viviron ou das que foron testemuñas os rapaces e rapazas da actividade "Á procura do tesouro". Con ela pretendemos animar aos/ás espectadores/as a ser VALENTES e tomar cartas no asunto cando sexan testemuñas dunha inxustiza.

O martes 2 de xullo na Carballeira do Peirao terá lugar o peche do curso coa actividade "Na procura do tesouro" á que asistirá todo o alumnado e pasar unha xornada divertida e chea de sorpresas.

 


Visto 601 veces


Escola Municipal de Teatro

Representacións teatrais. Escola Municip…

26-06-2019 Escola Municipal de Teatro

Este fin de semana o alumanado dos diferentes grupos da Escola Municipal de Teatro presentarán as súas obras de fin de curso. O grupo xuvenil 2 presentará o venres 28...

Representacións teatrais fin de curso Escola Municipal de Teatro

29-06-2017 / Escola Municipal de Teatro

Este venres 30 de xuño e este sábado 1 de xullo o alumnado da Escola Municipal de Teatro representará as obras de fin de curso.   VENRES 30 DE XUÑO - ás 21,00 h Grupo xuvenil 2: “Como a vida mesma”  Sinopse: unha compañía de teatro importante, cancela a súa función minutos antes de comezar... os traballadores/as do Auditorio demostraran que todos levamos un actor ou...

Representacions teatrais Escola Municipal

29-06-2016 / Escola Municipal de Teatro

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior clausura este primeiro fin de semana de xullo as clases da Escola Municipal de Teatro. O alumnado representará dúas obras como peche do curso. O venres 1 de xullo ás 20,30 h o alumnado dos grupos infantil e xuvenil 1 presentan a obra UNHA ESCOLA TEATRALIZADA e o sábado 2 de xullo ás...

Mostras teatrais de Clausura do curso da Escola Municipal de Teatro

25-06-2015 / Escola Municipal de Teatro

A Escola Municipal de Teatro está composta por tres grupos; infantil, xuvenil 1 e xuvenil 2 que se organizan por idades. Cada grupo está composto por 20 mozos/as que durante todo o curso traballan os seguintes obxectivos: Descubrir e fomentar os recursos expresivos e comunicativos dos/as nenos/as Estimular a fantasía, desenvolver a imaxinación e as capacidades creativas. Preparalos/as para o xogo dramático espontáneo...

Escola Municipal de Teatro

Os titulares de Xuventude

Risoterapia para familias!

12-11-2019 / Xuventude

Dentro do Programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra, o Concello de Soutomaior convoca un curso de RISOTERAPIA dirixido a persoas de todas as idades. Unha actividade para mellorar o...

XVIII Concurso Postais e Felicitacións de Nadal 2019

04-11-2019 / Xuventude

O Concello de Soutomaior promove a XVIII Edición do Conncurso de Postais e Felicitacións de Nadal co que se pretende promover a reflexión sobre o significado desta celebración e os...

Aviso de cancelación do programa de actividades Samaín 2019

30-10-2019 / Xuventude

 O Concello de Soutomaior comunica  a CANCELACIÓN DA FESTA DE SAMAÍN prevista para os días xoves 31 e sábado 2 de novembro, por causas metereolóxicas que impiden a realización das...

Campionato Arcade Jam - Cultura urbana 2019

09-10-2019 / Festival de Cultura Urbana

O Concello de Soutomaior organiza para o sábado 19 de outubro a V Edición do campionato ARCADE JAM  nas modalidades de BMX e SCCOTER. O obxectivo desta actividade é contribuír ao...