fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 09 Outubro 2019 09:12

Campionato Arcade Jam - Cultura urbana 2019

Campionato Arcade Jam - Cultura urbana 2019

O Concello de Soutomaior organiza para o sábado 19 de outubro a V Edición do campionato ARCADE JAM  nas modalidades de BMX e SCCOTER. O obxectivo desta actividade é contribuír ao desenvolvemento e evolución destas modalidades deportivas urbanas no Concello de Soutomaior e ofrecer unha alternativa de lecer á mocidade ofertando propostas variadas que se adapten a todos os intereses da mocidade. Haberá varias categorías e seccións. A sección SUB13 para menores de 13 anos a partir dos 6 anos. A sección MASTER e a sección PRO. En todas elas haberá categoría femenina e masculina e dous premios un ao mellor truco e outro á mellor ronda.O formato da proba será o de  “vella escola”. Puntuaranse os mellores trucos realizados por cada participantes e o xurado composto por 3 xuíces/as valorará: a utilización da pista, o risco e altura dos trucos, os saltos, a orixinalidade,a dluidez de movementos e que se toquen todos os módulos. Cada participante realizará 2 rondas dun minuto cada unha sen pausa. Contará a mellor delas e se o tempo o permite farase un ´´best trick´´, mellor truco.

Ademais dos premios estipulados en cada sección tamén haberá un sorteo entre as persoas participantes na proba de dous vales canxables por " Produtos CROMOLY", empresa colaboradora co evento. 

HORARIO DA XORNADA:

 

14.30 a 16.15 h Confirmación da inscrición e quecemento previo.

16.30 a 20,30 h Campionato

20,45 a 21.00 h Entrega de premios e sorteo de vales “Cromoly”

 

Para rematar ás 21.00 h os/as " Galirokers farán unha exhibición de danzas urbanas.

 

As inscricións realizaranse a través do formulario en LIÑA ata media hora antes do inicio da actividade ata cubrir prazas que serán 50 prazas e cubriranse por orde de inscrición.

 

Xa está aberto o prazo de inscrición. Todas as persoas que desexen participar deberán cubrir obrigatoriamente o formulario de INSCRICIÓN EN LIÑA dispoñible na web www.gabinetesoutomaior.com. A inscrición será en liña pinchando en:

http://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina

 

 

 

O mesmo día do campionato presentarán o seu DNI e, no caso de ser menores tamén o da persoas que os/as autoriza a participar, no posto da organización a partir das 14.30 h. A información detaiada da proba pode consultarse na web nas bases ou solicitarse no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . Será obrigatorio o uso do CASCO durante a proba.

 

 

 

 


Visto 1063 veces