fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 13 Setembro 2017 15:38

Novidoso sistema de inscrición en liña

III Festival de Cultura Urbana, 2017

III Festival de Cultura Urbana, 2017

Ábrese o prazo de inscrición para participar na Arcade JAM e nos Obradoiros que compoñen o programa deste ano do III Festival de Cultura Urbana 2017 organizado polo Concello de Soutomaior en colaboración cos mozos e mozas do municipio. O festival este ano realizarase o domingo 24 de setembro durante todo o día a partir das 11 da maña no Peirao de Arcade, no entorno da Pista de SkatePark.

Unha das novidades deste ano é que os mozos e mozas poderán anotarse en liña neste enderezo: Inscrición en liña III Festival de Cultura Urbana

ou si o prefiren presencialmente o mesmo día ata unha hora antes do inicio da actividade sempre e cando haxa prazas vacantes. As prazas son limitadas.

Na programación deste ano ofértanse novos obradoiros para que poidan encaixar todas as inquedanzas da mocidade e así potenciar a súa participación: baile, graffiti, parkour, deseño de gorras, micro libre, skate, etc. 

 

Máis información na OMIX 
Tel. 986 700 822
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Información adicional

Visto 3128 veces