fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 11 Setembro 2015 13:10

I Festival Cultura Urbana 2015

A Concellería de Xuventude organiza o I FESTIVAL CULTURA URBANA 2015 do Concello de Soutomaior que terá lugar o sábado 19 de setembro en Arcade. Esta iniciativa xorde da demanda de varios grupos de mozos e mozas do noso Concello afeccionados á musica e á práctica deportiva de BMX interesados en promover novas actividades e aficcións entre a mocidade e atopar cabida na axenda local municipal para dar a coñecer este tipo de iniciativas tan de moda para a mocidade.

Despois de varias reunións entre estes grupos de mozos e mozas e a Concelleira de Xuventude Noelia Ocampo, ambas partes acordadon promover este Festival que cremos pode ser un bo escenario para que a mocidade participe, se divirta e poida propoñer novas actividades do seu interese en relación a temas de lecer ou doutro tipo.

 

I FESTIVAL CULTURA URBANA 2015

PROGRAMA

16 a 20,00 h      Arcade JAM - Quedada de BMX na pista de Skate no Peirao de Arcade                                      (exhibicións, música, etc.)

21,00 h             Concerto do grupo "CLOVERCLAP" no Multiusos en Arcade

Agradecementos a: grupos xuvenís informais do Concello de Soutomaior cos que conxuntamente estamos promovendo este festival para dar a coñecer a cultura urbana xuvenil entre a xente nova e o resto dos veciños e veciñas. Promovendo novas actividades deportivas e lúdicas que oferten ocios alternativos e de interese para a mocidade.

Entrada de Balde!

Agardamos que este festival sexa un éxito de participación para así agradecer o traballo realizado por estes mozos e mozas xa que son eles os promotores de iniciativas nas que a creatividade está tan presente e xoga un papel tan importante.

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

 


Visto 3986 veces