Un ano mais, o Concello de Soutomaior inicia o programa A TÚA SAÚDE TI DECIDES!. Trátase dun conxunto de accións organizadas coa finalidade de previr conductas de risco no ámbito xuvenil que vai dirixido a alumnado de PRIMARIA E ESO que estuda nos centros educativos do municipio. Este programa comeza este xoves 15 de decembro no CPI Padin Truiteiro e ten prevista a súa data fin para o mes de abril de 2017.
O obxectivo xeral deste programa dentro da área de prevención de conductas de risco é o de crear espazos de reflexión acerca do papel que xogamos na sociedade como individuos e como membros dun grupo, analizar os motivos que levan ao consumo de drogas en base á propia identidade, analizar como en base a determinados valores e crenzas nos relacionamos afectiva e sexualmente e cales son as nosas actitudes ante todos estes temas.
Outra das cuestións a tratar son as derivas do uso das tecnoloxías da información e comunicación e os perigos que hai cando se produce uso abusivo e inadecuado destas. Reflexionado no como, porque e para que as usamos.
O programa consta de dúas partes:
1º PARTE:
Charlas - obradoiros:
- Habilidades sociais. Entrenamento preventivo
- Prevención de drogodependencias e outras adiccións
- Prevención de problemas asociados ás novas tecnoloxías
- Prevención de conductas de risco no ámbito afectivo – sexual
- Adiccións: saúde e aspectos legais
2º PARTE:
Formación en mediación
- Formación en mediación e conflicto. Participantes: 1º e 2º ESO
Este curso vai dirixido a adolescentes coa finalidade de que adquiran unhas nocións básicas sobre a xestión de conflicto e a figura de mediación. Tocamos temas como: definición de conflito, tipo de conflitos, xestión do conflito, pros e contras do conflito, consecuencias derivadas do cando están mal xestionados, a figura e rol da persoa mediadora, recursos de mediación no centro educativo e fóra.
O departamento de Xuventude do Concello de Soutomaior pon en marcha estas e outras iniciativas educativas, en colaboración cos centros escolares, coa finalidade de optimizar a formación global do alumnado e mellorar así o potencial do alumnado no seu desenvolvemento persoal e social.
Os obradoiros teñen un carácter eminentemente práctico e reflexivo e son impartidos por persoas con ampla experiencia no traballo coa mocidade e cunha formación ampla nos temas a tratar. O calendario do programa péchase conxuntamente cos departamentos de orientación dos centros así como os contidos e metodoloxía das sesións tendo en conta as idades dos grupos cos que traballamos. Son os centros os que deciden que temas abordar en cada curso e con que alumnado en función das necesidades de cada curso.