Venres, 16 Decembro 2016 13:43

Programa xuvenil de prevención de condutas de risco

Programa xuvenil de prevención de condutas de risco

O Concello de Soutomaior acaba de poñer en marcha unha nova edición do seu programa xuvenil de prevención de condutas de risco entre os escolares do municipio. Unha iniciativa que chegará a máis de 100 alumnos de 1º e 2º da ESO  e que abordará durante os seus talleres temas tan delicados como o consumo de drogas ou as relacións sexuais e afectivas. O programa arrincou esta mañá e finalizará o próximo mes de abril.

Baixo o título "A túa saúde. Ti decides!", esta iniciativa pretende crear entre a mocidade do municipio espazos de reflexión sobre o seu papel na sociedade como individuos, como membros dun grupo, analizar os principais motivos que levan ao consumo de drogas ou como os valores e crenzas afectan na maneira en que se relacionan afectiva e sexualmente. Uns espazos que servirán para que os mozos poidan descubrir e afrontar as mellores actitudes ante todos estes temas.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou durante a presentación a importancia destes programas de "actitude proactiva, que apostan pola educación como medio para resolver problemas de raíz antes de que sexa demasiado tarde.

“A estas idades tamén se poden cometer erros moi graves e é necesario que os máis novos sexan conscientes".

O programa componse de dous partes prácticas. Na primeira os alumnos participarán nunha serie de charlas-taller na que adestrarán as súas habilidades sociais, reflexionarán sobre as adiccións, a drogodependencia, as novas tecnoloxías e as condutas de risco no ámbito afectivo e sexual. A segunda parte está dirixida á formación na mediación e toca temas como os tipos de conflito, a xestión apropiada, consecuencias dunha mala xestión ou a figura dunha persoa mediadora.

Outra das cuestións principais desta iniciativa, é o uso correcto das tecnoloxías de información, os perigos dun uso abusivo ou inadecuado e cal é o seu obxectivo principal.

O ciclo conta co apoio da Xunta de Galicia e realízase en colaboración coa asociación Amaina.


Visto 3373 veces


Prevención de Conductas de Risco

Programa xuvenil de prevención de condut…

16-12-2016 Prevención de Conductas de Risco

O Concello de Soutomaior acaba de poñer en marcha unha nova edición do seu programa xuvenil de prevención de condutas de risco entre os escolares do municipio. Unha iniciativa que...

Charlas e obradoiros nos centros educativos. Programa xuvenil de prevención de conductas de risco.

14-12-2016 / Prevención de Conductas de Risco

Un ano mais, o Concello de Soutomaior inicia o programa A TÚA SAÚDE TI DECIDES!. Trátase dun  conxunto de accións organizadas coa finalidade de previr conductas de risco no ámbito xuvenil que vai dirixido a alumnado de PRIMARIA E ESO que estuda nos centros educativos do municipio. Este programa comeza este xoves 15 de decembro no CPI Padin Truiteiro e ten prevista...

Programa de Prevención
de Conductas de Risco

 

Os titulares de Xuventude

Risoterapia para familias!

12-11-2019 / Xuventude

Dentro do Programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra, o Concello de Soutomaior convoca un curso de RISOTERAPIA dirixido a persoas de todas as idades. Unha actividade para mellorar o...

XVIII Concurso Postais e Felicitacións de Nadal 2019

04-11-2019 / Xuventude

O Concello de Soutomaior promove a XVIII Edición do Conncurso de Postais e Felicitacións de Nadal co que se pretende promover a reflexión sobre o significado desta celebración e os...

Aviso de cancelación do programa de actividades Samaín 2019

30-10-2019 / Xuventude

 O Concello de Soutomaior comunica  a CANCELACIÓN DA FESTA DE SAMAÍN prevista para os días xoves 31 e sábado 2 de novembro, por causas metereolóxicas que impiden a realización das...

Campionato Arcade Jam - Cultura urbana 2019

09-10-2019 / Festival de Cultura Urbana

O Concello de Soutomaior organiza para o sábado 19 de outubro a V Edición do campionato ARCADE JAM  nas modalidades de BMX e SCCOTER. O obxectivo desta actividade é contribuír ao...