Image
Image

OMIX | Soutomaior

R/ Peirao, 8 - Multiúsos Arcade
Telf 638 822 868

NOVAS DE INTERVENCIÓN SOCIO-EDUCATIVA

Programa xuvenil de prevención de condutas de risco

Programa xuvenil de prevención de condutas de risco

16-12-2016 / Prevención de Conductas de Risco

O Concello de Soutomaior acaba de poñer en marcha unha nova edición do seu programa xuvenil de prevención de condutas de risco entre os escolares do municipio. Unha iniciativa que chegará a máis de 100 alumnos de 1º e 2º da ESO  e que abordará durante os seus talleres temas tan delicados como o consumo de drogas ou as relacións sexuais e afectivas. O programa arrincou esta mañá e finalizará o próximo mes de abril. Baixo o título "A túa saúde...

Charlas e obradoiros nos centros educativos. Programa xuvenil de prevención de ...

Charlas e obradoiros nos centros educativos. Programa xuvenil de prevención de ...

14-12-2016 / Prevención de Conductas de Risco

Un ano mais, o Concello de Soutomaior inicia o programa A TÚA SAÚDE TI...

INTERVENCIÓN SOCIO-EDUCATIVA EN FOTOS

INTERVENCIÓN SOCIO-EDUCATIVA EN CARTEIS

Venres, 16 Decembro 2016 13:43

Programa xuvenil de prevención de condutas de risco

Programa xuvenil de prevención de condutas de risco

O Concello de Soutomaior acaba de poñer en marcha unha nova edición do seu programa xuvenil de prevención de condutas de risco entre os escolares do municipio. Unha iniciativa que chegará a máis de 100 alumnos de 1º e 2º da ESO  e que abordará durante os seus talleres temas tan delicados como o consumo de drogas ou as relacións sexuais e afectivas. O programa arrincou esta mañá e finalizará o próximo mes de abril.

Baixo o título "A túa saúde. Ti decides!", esta iniciativa pretende crear entre a mocidade do municipio espazos de reflexión sobre o seu papel na sociedade como individuos, como membros dun grupo, analizar os principais motivos que levan ao consumo de drogas ou como os valores e crenzas afectan na maneira en que se relacionan afectiva e sexualmente. Uns espazos que servirán para que os mozos poidan descubrir e afrontar as mellores actitudes ante todos estes temas.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou durante a presentación a importancia destes programas de "actitude proactiva, que apostan pola educación como medio para resolver problemas de raíz antes de que sexa demasiado tarde.

“A estas idades tamén se poden cometer erros moi graves e é necesario que os máis novos sexan conscientes".

O programa componse de dous partes prácticas. Na primeira os alumnos participarán nunha serie de charlas-taller na que adestrarán as súas habilidades sociais, reflexionarán sobre as adiccións, a drogodependencia, as novas tecnoloxías e as condutas de risco no ámbito afectivo e sexual. A segunda parte está dirixida á formación na mediación e toca temas como os tipos de conflito, a xestión apropiada, consecuencias dunha mala xestión ou a figura dunha persoa mediadora.

Outra das cuestións principais desta iniciativa, é o uso correcto das tecnoloxías de información, os perigos dun uso abusivo ou inadecuado e cal é o seu obxectivo principal.

O ciclo conta co apoio da Xunta de Galicia e realízase en colaboración coa asociación Amaina.


Visto 4082 veces