fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 30 Marzo 2021 19:40

XIII Edición do Concurso Verbas para comunicar- 17 de maio Letras Galegas 2021

XIII Edición do Concurso Verbas para comunicar- 17 de maio Letras Galegas 2021

Co gallo do Día das Letras Galegas o Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Xuventude, promove este Concurso relacionando a comunicación, a mocidade e a lingua galega. O xa tradicional Concurso “VERBAS PARA... COMUNICAR” consiste na presentación dun traballo en lingua galega que pode ser presentado en formato texto - redacción ou audiovisual. No cal se transmita unha idea, sentimento, opinión, etc., que queiramos comunicar e compartir con outras persoas. Vai dirixido a mozos e mozas matriculados/as nalgún curso da ESO ou Bacharelato e que estuden no IES Soutomaior ou no Colexio Santiago Apóstolo.

  • A temática será libre.
  • Todos os traballos que se envíen en calquera das modalidades deberán estar  expresados correctamente en lingua galega, sen faltas de ortografía.
  • Cada persoa ou grupo poderá presentar un único traballo que deberá ser inédito.
  • A organización desbotará e non entrarán en concurso aqueles traballos que conteñan mensaxes discriminatorias, sexistas, violentas, groseiras ou ofensivas.
  • Os traballos premiados exporanse na Web e remate o concurso aparecerán co nome e apelidos dos/as autores/as os traballos premiados.

CATEGORÍAS DE PRESENTACIÓN:

  • Categoría A: 1º,2º,3º ESO
  • Categoría B: 4º ESO, 1º, 2º BAC

MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN

1) Redacción: dun texto en lingua galega que transmita unha idea, sentimento, etc., Só presentación individual. O tamaño do texto non poderá ser superior ás 12 liñas.

O soporte será o papel ou cartolina e o seu tamaño non poderá superar un folio A4, pero si poderá ser inferior a este. O formato de presentación do papel ou cartolina será libre.

2) Audiovisual: elaboración dun vídeo (curta) ou audio (tema musical ou outros) cunha duración máxima de 5 minutos. Pode presentarse de xeito individual ou grupo/clase. Pode ser gravado con móbil ou cámara. Obrigatorio que teña mensaxe en galego escrita ou verbal.

PRESENTACIÓN. Prazo e forma de presentar os traballos.

Ata o 11 de maio ás 20.00 h.

Os traballos presentaranse EN LIÑA a través da web: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-xuventude/verbas-para-comunicar

 

Na modalidade redacción subirase unha imaxe ou PDF do traballo e na modalidade audiovisual enviarase o vídeo por whatsAPP á OMIX(tel. 638822868)

OBSERVACIÓNS:se algunha persoa ou centro ten dificultades para entregar en liña os traballos pode poñerse en contacto coa OMIX para entregar o traballo presencialmente.

Neste caso lembrade que os traballos non poden conter datos persoais.

Todos os traballo estarán expostos virtualmente nesta webpara a súa difusión.

Podedes consultar as bases e toda a información deste Concurso na Web anterior.


Publicado en Verbas para comunicar
Visto 603 veces