fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 11 Marzo 2016 17:35

IX Concurso Verbas para comunicar. Letras Galegas 2016

IX Concurso Verbas para comunicar. Letras Galegas 2016

O Concello de Soutomaior a través da Concellería de Xuventude, pon en marcha a novena edición do Concurso verbas para Comunicar dirixido a mozos e mozas de 12 a 18 anos.  Este concurso consiste na redacción dun texto en lingua galega que transmita unha idea, opinión, sentimento, etc. que nos gustaría compartir con outras persoas. O obxectivo do concurso é o de promover o uso da lingua galega entre a mocidade promovendo o uso da lingua galega como lingua de comunicación en contextos formais e informais a través da creación orixinal de textos que expresen o que a mocidade pensa para comunicalo. Trátase de normalizala potenciando o seu uso como unha lingua próxima, útil e moderna rachando estereotipos que impidan á mocidade expresarse nesta lingua.

A temática será libre. Establecemos dúas categorías de participación: categoría A de 12 a 14 anos e categoría B de 15 a 18 anos. Premiaranse 6 textos en cada categoría e todas as persoas que participen recibirán un agasallo. Ademais, sortearase dous diccionarios de lingua galega entre as persoas participantes. O texto non superará as 12 liñas. Para ampliar información sobre este concurso pódense consultar as bases na OMIX ou descargarse da web: www.soutomaior.com


Publicado en Verbas para comunicar
Visto 5391 veces