fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 12 Marzo 2020 10:13

Concello de Soutomaior: Medidas de prevención contra o coronavirus

Concello de Soutomaior: Medidas de prevención contra o coronavirus

 O Concello de Soutomaior acaba de poñer en marcha as primeiras accións para previr a expansión da pandemia vírica do Covid-19 no municipio. A primeira medida é a suspensión temporal do Certame da Camelia, que se ía a celebrar o 21 e 22 así como a Carreira Infantil da Ostra do 29 deste mes, e paralizar a organización de novas actividades para evitar aglomeracións.

A pesar de que aínda non se detectou ningún caso no municipio estase en contacto permanente cos responsables de educación e sanidade para coñecer o estado dos protocolos propios postos en marcha e manter unha comunicación activa que permita reaccionar #ante un posible avance do virus. A próxima festividade local que podería resultar afectada é a XXXIV Festa da Ostra, que debería celebrarse os días 4 e 5 de abril, e cuxa celebración está agora mesmo pendente da evolución dos acontecementos e das recomendacións que as autoridades sanitarias emitirán os próximos días.

Ademais da suspensión de actividades, o Concello tamén decidiu instalar dosificadores con xel desinfectante en todas as dependencias e edificios municipais. Así, nos próximos días os usuarios da Biblioteca municipal, o Pavillón deportivo, a Casa do Concello e o Multiusos de Arcade dispoñerán de dispensadores cos que se mellorarán as condicións de hixiene para aumentar a súa seguridade.

As actividades deportivas municipais como as escolas deportivas seguen polo momento co seu desenvolvemento habitual en espera das instrucións das autoridades educativas e continuarán desta maneira mentres se manteña o desenvolvemento escolar habitual. En caso de suspenderse as clases tamén o farán as actividades municipais para escolares.

Desde o servizo de deportes da Deputación de Pontevedra comunican o cesamento temporal da actividade das Escolas Deportivas Provinciales de Patinaxe e Baloncesto ata novo aviso.

Por último, desde o Concello está a levarse a cabo unha campaña de concienciación a través das redes sociais e plataformas dixitais municipais lembrando como mellorar os nosos hábitos de hixiene para mellorar a prevención ante o contaxio.


Publicado en Sanidade
Visto 1440 veces