Luns, 20 Abril 2020 12:46

Campaña de Costura Solidaria

Campaña de Costura Solidaria

O Concello de Soutomaior recibiu unha importante doazón de máscaras cortadas nas que falta unicamente coser.

Por iso pon en marcha unha campaña de costura solidaria para todos aqueles voluntari@s que queiran participar na súa elaboración completa.

As persoas interesadas nesta iniciativa solidaria poden poñerse contacto a través do teléfono ou WhatsApp (628 07 49 92) ou ben no facebook Concello de Soutomaior

- Tomaremos nota do seu nome, dirección e teléfono

- Farémoslles entrega do material no seu domicilio seguindo as medidas de seguridade

- Unha vez listas ás máscaras recollerésmosllas no seu domicilio

- As máscaras sométense a un proceso de desinfección

- As máscaras repartiranse según o protocolo establecido

Gracias pola vosa colaboración

 


Publicado en Sanidade
Visto 806 veces

Concellería de Sanidade
Casa do Concello

Soutomaior abre as súas praias sen parcelas nin cita previa

26-05-2020 / Sanidade

Nin parcelas, nin quendas, nin citas por internet. O Concello de Soutomaior decidiu non establecer ningún tipo restrición para o uso dos seus areais ao entrar en vigor a Fase 2 da desescalada. O Concello non ve viable instalar ningún tipo de limitación que garanta o acceso por parte de todos os veciños polo que decidiu abrir as súas praias cunha...