fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 24 Abril 2020 12:33

Repartición de máscaras infantís

Repartición de máscaras infantís

O Concello de Soutomaior comezou a preparar a saída dos máis pequenos e poñerá ao dispor das farmacias do municipio máis de 1.000 máscaras infantís para que as distribúan entre os veciñ@s que as soliciten.

As máscaras son lavables e reutilizables e estarán dispoñibles en dúas tallas, segundo a idade do pequeno. O pedido espérase para este luns pola tarde polo que se conta que a partir do martes estarán ao dispor dos veciñ@s.

As máscaras infantís son dun tamaño máis reducido para mellorar a fixación á cara dos pequenos. Por iso, e seguindo a indicación das autoridades sanitarias que desaconsellan o uso de máscaras en menores de tres anos, distribuiranse dous modelos, un para nenos de 3 a 7 e outro para os de 8 a 14 anos de idade. Todas contan con tripla capa de protección e filtro interno de TNT. Ademais, son totalmente reutilizables e pódense desinfectar cun lavado a máis de 60º con auga e xabón ou con osíxeno activo.

Campaña para coser mascarillas.

 Ademais, ante a escaseza actual de máscaras para adultos, desde o goberno local han posto en marcha unha campaña solidaria entre a veciñanza para coser máscaras con material provisto polo propio consistorio. A iniciativa xa conta co apoio de máis de 30 voluntarios que coserán nas próximas semanas ao redor de 6.000 máscaras que a continuación se desinfectarán e distribuiranse entre a poboación.


Publicado en Sanidade
Visto 2064 veces