fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 07 Mai 2020 10:48

Doazón de máscaras de Liberty Descanso - Ultraconfort SL

Doazón de máscaras de Liberty Descanso - Ultraconfort SL

Hoxe a empresa Liberty Descanso da man de Ultraconfort,S.L. (empresa situada en Vilaboa) doou 2.000 máscaras ao Concello de Soutomaior.

Con 25 anos de traxectoria, Ultraconfort é hoxe un dos principais fabricantes de colchóns a nivel nacional.

O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu do responsable de Ultraconfort, Alberto Pérez,as máscaras e agradeceu a doazón indicando que todo o que se faga para mitigar o efecto do COVID 19 é positivo.


Publicado en Sanidade
Visto 1117 veces