Mércores, 21 Outubro 2020 12:42

Incidencia Covid 19 no Concello de Soutomaior

Incidencia Covid 19 no Concello de Soutomaior

 Segundo os últimos datos publicados hoxe polo Sergas, o Concello de Soutomaior vén de entrar no nivel 1 (amarelo) de incidencia de COVID pola aparición de novos casos os últimos días.

Desde o Concello seguiremos tomando todas as medidas oportunas para contribuír activamente a reducir os riscos de contaxio.

Insistimos na responsabilidade individual, como fixemos ata o de agora, e agradecemos a colaboración de toda a veciñanza.

 

Datos: https://coronavirus.sergas.gal/datos/#/gl-ES/galicia


Publicado en Sanidade
Visto 2176 veces

Concellería de Sanidade
Casa do Concello

Medidas de prevención específicas no Concello de Soutomaior – Covid 19

05-11-2020 / Sanidade

Con efectos desde as 00.00 horas do 7 de novembro de 2020, queda restrinxida a entrada e a saída de persoas dos seguintes ámbitos territoriais  delimitado de forma conxunta polos concellos de Pontevedra, Marín, Vilaboa, Soutomaior, Ponte Caldelas, Barro, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e Poio. Os cidadáns que residan nun deles poderán entrar e saír do resto sen limitacións. Non estará sometida a...