Venres, 29 Xaneiro 2021 12:04

Preguntas e respostas frecuentes medidas vixentes Covid-19

Preguntas e respostas frecuentes medidas vixentes Covid-19

Con cantas persoas non conviventes podo reunirme?

Con ningunha. Os encontros, tanto no ámbito público como no privado, quedan limitados única e exclusivamente á unidade de convivencia.

Que é unha unidade de convivencia? A formada por persoas que viven, comen e dormen na mesma casa, ninguén máis. Deste xeito, a nova norma, de carácter xeral para toda a comunidade, acabará co máximo de catro persoas non conviventes que podían reunirse ata o de agora.

Vivo soa/ou, podo quedar cun amigo que tamén vive só? Si, sempre que vivades no mesmo municipio. Cada unidade de convivencia pode integrar soamente a unha única persoa que viva soa». Segundo isto, as persoas que viven soas poden «integrarse» noutra unidade de convivencia, pero sempre terá que ser a mesma. Exemplo: a túa irmá vive soa e ti coa túa parella e a túa filla pequena, pois ben, podería ir comer á vosa casa, pasear convosco etc. Iso si, non podería quedar con ninguén máis e pasaría a formar parte da vosa «burbulla».

Teño parella, pero non vivimos xuntos podemos quedar para pasear ou para comer na casa?A resposta é a mesma, si, sempre que vivades no mesmo Concello. Outra das excepcións ás reunións de só conviventes é esta:" A reunión de persoas con vínculo matrimonial ou de parella cando estes vivan en domicilios diferentes"

 E se a miña parella vive no Concello de á beira? Entón non poderiades vervos porque reunirse coa parella non está contemplado como excepción ao peche perimetral.

Por que outros motivos podo reunirme con persoas coas que non vivo? Tamén se permite a reunión de menores de idade cos seus pais, aínda que non vivan baixo o mesmo teito (unha opción pensada, sobre todo, para os casos de pais separados) e os encontros para o coidado, atención, asistencia ou acompañamento de menores de idade, maiores ou dependentes.

Se vivo nun Concello, pero traballo noutro, Podo desprazarme con total normalidade?Si, a mobilidade por motivos laborais está permitida, pero a Xunta xa pediu a todas as empresas que faciliten o teletraballo na medida do posible. Se o traballo desempeñado obriga a que sexa presencial, a empresa deberá facilitar un xustificante para os desprazamentos.

Podo ir ao traballo en coche cun compañeiro? Si. Está permitido o desprazamento nun vehículo particular de persoas non conviventes que traballen xuntas e só para o traxecto de ida e volta ao centro de traballo, tamén para que os menores poidan acudir a centros de ensino.

Como hai que viaxar?Permítense dúas persoas por fila de asentos e deberán usar máscara.

Pódese tomar un café na terraza dun bar? Non, a partir do mércores dá igual o Concello no que vivas porque en todos eles a hostalería estará completamente pechada, tanto en interior como en exterior. Só poderán abrir para prestar servizo a domicilio ou ofrecer comida e bebida para levar.

Ata que hora funciona o servizo de comida a domicilio? O servizo a domicilio pode estar operativo ata a medianoite. Ir recollelo ao local, ata as 21.30.
Ata que hora permanecerá aberto o comercio?Aquí hai que distinguir entre o comercio esencial e o non esencial. O primeiro poderá seguir abrindo ata as 21.30 horas, como ata o de agora, pero o segundo terá que pechar ás seis da tarde.

Termino de traballar ás sete da tarde, podo ir ao supermercado e á panadería? Si. Supermercados, tendas de alimentación, farmacias, gasolineiras ou talleres de coches son considerados esenciais polo que poden permanecer abertos ata as 21.30 horas.

E ao salón de peiteado?Tamén, nun principio estaba a contemplar que pechasen ás 18:00 horas, pero finalmente poderán manter o seu horario habitual, informan desde Sanidade, do mesmo xeito que os centros de estética.

E a unha tenda de moda ou a unha florería? Si pecharán ás seis da tarde, do mesmo xeito que o resto de comercios considerados non esenciais como zapaterías, librerías, xoierías...

Cales son os comercios cualificados como esenciais? Os de alimentación: supermercados, fruterías, panaderías, carnicerías, peixarías. Tamén estancos ou tendas especializadas en bebidas. As gasolineiras, os establecementos que venden artigos médicos e ortopédicos e as que dispensan produtos farmacéuticos. E as tendas de alimentación para os animais. Todos os negocios citados poderán abrir ata as 21.30 horas tanto se están situados na rúa como nun centro comercial.

 No meu Concello non hai peixaría, podo ir ao Concello de á beira a comprar peixe? Si, está permitido saltarse o peche perimetral para desprazarse a establecementos comerciais comerciantes polo miúdo de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade en territorios limítrofes cando non exista alternativa no propio Concello.

E cambiar de Concello para ir á autoescola? Tamén. É outra das excepcións de mobilidade: Asistencia a academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación.

Centros comerciais?A Xunta decidiu aplicar novas restricións aos centros comerciais. Fai dez días prohibiuse a permanencia nas zonas comúns, salvo para o tránsito entre comercios, e reduciuse o aforo ao 30 %. Agora anunciouse que deberán pechar tamén as fins de semana.

Os colexios, institutos e escolas infantís seguen funcionando con normalidade?* Si, de momento as restricións educativas cínguense ao ámbito da universidade, co que o resto de niveis educativos seguirán funcionando coas mesmas normas que ata o de agora.

Ata que hora poden estar abertas as academias?Ata as 21:30 horas.

Que pasa coas escolas de idiomas ou os conservatorios? Non poderán impartir clases de forma presencial. Neste caso, do mesmo xeito que pasa co ensino universitario, terán que realizarse de maneira telemática. As escolas de Danza, as de Arte ou as de Música tampouco poderán abrir.

Pode seguir acudindo o meu fillo a clases particulares?Si, porque as academias, autoescolas, centros privados de ensino non regrado e centros de formación poden seguir impartindo clases presenciais, aínda que se recomendan que sexan telemáticas. O que non está contemplado é que unha profesora particular acuda ao domicilio do estudante.

Podo saír a andar en bicicleta coa miña familia?Si. A burbulla de convivencia pode saír xunta para, por exemplo, dar un paseo ou andar en bicicleta, pero sempre dentro do Concello de residencia.

Podo saír a correr coa miña parella? Si. O deporte só poderá realizarse de maneira individual, ao aire libre e sempre con máscara aínda que se manteña a distancia de seguridade, coa excepción de conviventes. Aquí hai que lembrar que se contempla a posibilidade de que unha persoa que viva soa únase a outra unidade de convivencia.

Vou a un adestrador persoal a un ximnasio, poderei seguir indo?Non, todos os ximnasios e centros deportivos cubertos pecharán as súas postas a partir do mércores.

Os cinemas e teatros  seguirán abertos? Non. Cancélase toda a actividade cultural. Isto implica o peche de cinemas, museos, teatros, auditorios, circos ou salas de concerto.

E as bibliotecas? Tamén pecharán, do mesmo xeito que os centros de lecer infantil.

Cal é o aforo para os velorios?Poderanse realizar cun límite máximo de cinco persoas, excepto conviventes, e con 15 persoas no exterior. Os servizos de hostalería dos establecementos funerarios permanecerán pechados e as zonas comúns só poderanse usar para o tránsito.

Mantense a hora máxima de presenza na vía pública? Si, desde as 22.00 h ata as 06.00 h

A información que se difunde por este medio faise unicamente a título informativo sin valor legal, se ten algunha dúbida ou un caso excepcional pode poñerse en contacto no telef.900 400 116 onde poderá realizar a súa consulta


Publicado en Sanidade
Visto 899 veces

Sanidade

O novo centro de saúde será tres veces máis espazoso e contará con 15 profesionais

O novo centro de saúde será tres veces máis espazoso e contará con 15 profesionais

14-10-2022 / Sanidade

O Conselleiro de Sanidade reuniusehoxe co alcalde de Soutomaior para asinar o convenio de colaboración do novo centro de Saúde que se construirá en fronte ao IES Soutomaior. O conselleiro lembrou que o proxecto de Soutomaior é unha prioridade para a Consellería e que os plans para este novo espazo, que contará co triplo de metros cadrados que o actual...

Acordos do comité clínico da Xunta de Galicia

Acordos do comité clínico da Xunta de Galicia

29-12-2021 / Sanidade

O comité clínico acorda o peche dos locais de hostalería e restauración e do ocio nocturno: En vigor desde as 00,00 h do 30 de decembro e ata o 18 de...

Novo cribado COVID no Concello de Soutomaior

Novo cribado COVID no Concello de Soutomaior

24-08-2021 / Sanidade

O Concello de Soutomaior  acollerá un novo cribado masivo dirixido á poboación de entre 14 e 29 anos. Será con proba PCR e  levará a cabo o venres día 27 de agosto...

Coronavirus:Soutomaior pasa a nivel de restrición alta

29-07-2021 / Sanidade

Segun acordou o comité clínico o Concello de Soutomaior pasara a nivel ALTO de restriccións as 00:00 horas do día 31 de Xullo ( noite de venres a sábado) Cambio de...

Datos coronavirus

13-07-2021 / Sanidade

Ante a actual situación de novos casos activos, o Concello de Soutomaior volve informar os datos da incidencia acumulada nos últimos días e dos novos casos diagnosticados. Nos últimos días produciuse...

Soutomaior pasa a nivel medio de restricións

09-06-2021 / Sanidade

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada polo covid-19 acordou na súa reunión deste martes eleva as restricións no Concello de Soutomaior, que...

Cribado masivo no Concello de Soutomaior

04-06-2021 / Sanidade

Debido ao aumento de casos positivos no noso Concello nos últimos días o SERGAS decidiu realizar un cribado masivo. As probas para detectar contagios de coronavirus realizaranse a veciñ@s que teñan...

O Concello de Soutomaior pasa a nivel de restrición media-baixa

21-05-2021 / Sanidade

O comité clínico que asesora á Xunta ante a pandemia de Covid acordou que o Concello de Soutomaior , despois de ver a evolución dos últimos casos activos, pase a...