fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 19 Febreiro 2021 11:18

Vacinación das traballadoras do servizo de Axuda no Fogar.

Vacinación das traballadoras do servizo de Axuda no Fogar.

 Este pasado venres, as auxilares, traballadoras do servico de Axuda non Fogar do Concello de Soutomaior, acaban de recibir a vacina contra o covid-19 no Hospital Montecelo de Pontevedra.

É unha gran noticia para todos os usuarios e usuarias e familiares, que se sentirán máis seguros nos seus domicilios, pero tamén para as nosas auxiliares

Non debemos esquecer que, do mesmo xeito que moitos outros traballadores sociosanitarios, estas traballadoras atópanse enprimeira liña, expoñéndose a diario a un posible contaxio por coronavirus".

Este servizo municipal conta a día de hoxe con 13 traballadoras que atenden a un total de 71 persoas.


Publicado en Sanidade
Visto 680 veces