Martes, 02 Marzo 2021 13:35

Actualización datos tarxeta sanitaria

Actualización datos tarxeta sanitaria

O Servizo Galego de Saúde reforza as vías para actualizar os datos da tarxeta sanitaria Só é necesario que chamen, neste momento, os maiores de 80 anos que aínda non foron chamados para vacinar, e teñan a certeza de que os datos da súa tarxeta non están actualizados O Servizo Galego de Saúde destaca que a cidadanía galega ten á súa disposición varias ferramentas para actualizar os datos da tarxeta sanitaria. Ben a través da súa páxina web (www.sergas.es), se se ten certificado dixital para garantir a protección de datos do usuario, ou, tamén, acudindo ou chamando ao centro de saúde correspondente,

Coa posta en marcha do Plan de Vacinación, o departamento sanitario galego pon ao dispor da cidadanía outro número máis, o 981 569 540, que activa un desvío de chamadas para contar con maior número de operadores para, deste xeito, poder atender a demanda. Dado o elevado número de chamadas recibidas na xornada de onte, ao redor de 100.000, o Sergas lembra á cidadanía que só é necesario que chamen, neste momento, os maiores de 80 anos que aínda non foron chamados para vacinar, e teñan a certeza de que os datos da súa tarxeta non están actualizados.

Non é necesario que chamen os cidadáns que pertencen a colectivos como educadores, sanitarios, membros de Forzas de seguridade do Estado, etc, dado que estes son chamados a través dos datos, xa actualizados, que envían á Consellería de Sanidade os colexios profesionais ou entidades responsables de cada colectivo.


Publicado en Sanidade
Visto 554 veces

Concellería de Sanidade
Casa do Concello

O Concello de Soutomaior pasa ao nivel medio de restricións

09-04-2021 / Sanidade

O Concello de Soutomaior pasa ao nivel medio de restricións Debido á incidencia dos últimos sete días, o comité clínico decidiu que O Concello de Soutomaior pase  do nivel medio-baixo ao nivel medio a partir do luns. Medidas de prevención especificas para Concellos con incidencia acumulada a 14 días inferior a 250 casos por cada cen mil habitantes VIDA SOCIAL E COMUNITARIA • Lugares...