A Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde mediante a cal establece as novas medidas da desescalada no comunidade.
Estas medidas entrarán en vigor na madrugada deste xoves ao venres 19 de marzo e revisaranse días antes de Semana Santa.
As restricións para cumprir en cada municipio dependerá do nivel de restricións no que se atope.
O Concello de Soutomaior atópase situado en nivel medio polo que pasamos a resumir as medidas que nos afectan:
Movilidade entre Concellos: Permítese a mobilidade en toda Galicia excepto nos Concellos de Vilardevós, Paradela e Maside.
Peche perimetral: A comunidade galega igual que o resto de comunidades de España permanecerá pechada perimetralmente.
Horarios hostalería: Peche ás 21,00 horas. Aforo en interior 30% en exterior 50%
Toque de queda: Entre as 22,00 e as 06,00 horas
Reunións en domicilios: Desde este venres as reunións en domicilios de persoas non conviventes quedan prohibidas.
Reunións sociais: Permítense as reunións de ata seis persoas non conviventes no exterior e de ata catro persoas en lugares públicos de carácter pechado.
Para máis información no DOG (Diario Oficial de Galicia)